O DEPORTIVISMO BRINDOU UNHA MERECIDA HOMENAXE AO 5 CORUÑA FÚTBOL SALA NO DESCANSO DO DEPOR-SD LOGROÑÉS.

 

O deportivismo brindou unha merecida e sentida homenaxe as integrantes  do 5 Coruña FS, co seu adestrador, Sergi Blanco, no descanso do Depor-SD Logroñés, con tódolos integrantes do clube de futsal feminino en Maratón Superior.

O RC Deportivo quixo así visibilizar os logros do deporte feminino coruñés, e poñer en valor un caso atípico no mundo do deporte, pois a pesar de que o 5 Coruña Futbol Sala é un dos clubs referencia no Fútbol sala Gallego, o seu crecemento foise xestando aos poucos desde o ano 2012, ano da súa fundación, ata conseguir alcanzar na actualidade unha estrutura masculina e feminina con 23 equipos e unha escola de iniciación, situando aos seus equipos nas máximas competicións de cada unha das súas categorías.

O ascenso do equipo feminino foi un proceso similar, pois desde a categoría provincial á Segunda División Nacional pasaron 9 anos, 9 tempadas de esforzo, dedicación , compromiso e sobre todo # UnaIdea # LaIdea1235 , e á 10ª tempada foi a vencida e será a de gozar da categoría nacional.

Unha categoría na que a capitá do equipo, Leny López cumprirá a súa 10ª tempada capitaneando ao equipo, e sendo a única xogadora en activo do grupo que iniciou este soño en 2012.

      A tempada pasada foi quizais a tempada máis difícil de todas. A pandemia púxoo todo patas para arriba. Elas tiveron dificultades para poder levar a cabo os seus adestramentos por falta de horas de instalacións deportivas, incluso adestrando en instalacións ao aire libre con choiva e frío, todas elas fóra das súas longas xornadas laborais ou de clases na universidade, facendo mostra unha vez máis do seu compromiso e entusiasmo por mellorar e obter os mellores resultados.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/5 Coruña FS

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies