Son moitísimas email, whatsapp e consultas telefónicas as que estamos a recibir nos derradeiros días, preguntando que hai de novo no RC Deportivo, se hai rumores de algunha chegada, das saidas, de cando falará o novo adestrador para saber a sua folla de ruta, etc…pero a verdade é que non hai nada de nada. Xornais, radios e webs adicadas o RC Deportivo, ou que teñen un apartado que leva a información branquiazuis, enchen páxinas e minutos con informacións de supostos, en especial coa confección dos grupos para a vindeira tempada, pero a realidade é que non hai ningunha información sólida.
Despois da chegada de Borja Giménez e o seu equipo de traballo, e os movementos no organigrama de técnicos ao servizo do adestrador, así como a baixa de Nacho González, non se sabe nada.
O que máis e o que menos ten toda a razón do mundo en apuntar que, o adestrador xa debería ter dado unha rolda de prensa, para coñecer o que pensa e que tratou co clube, pero nen esas.
Hai moita ansiedade no deportivismo e fame de información do que se está a facer, (se se está a facer algo), pero parece que o troco na maneira de dirixir a como se fose unha empresa, parece que todo é falar cunha máquina de café, discos, ou helados. A contestación aparenta ser a mesma. Seguimos sen saber quen quedará na plantilla, quen non, que se busca, nin nada polo estilo.
No actual e tras saberse os 40 equipos que serán repartidos en dous grupos dos que ascende o campión de cada un deles, e os outros 4 xogan un “Play-Off”, con ascenso para o vencedor do mesmo de cada grupo.
Este xoves haberá xuntanza na RFEF e nela tratarase a confección dos grupos, data de comezo das competicións, dereitos e trasmisións de televisión, etc…(Tes todo niste artigo).
Estes son os 40 equipos da 1ª RFEF
Galicia: Deportivo, Ferrol C. Vigo B.
Cantabria: Racing de Santander.
País Vasco: Athletic B e Real Unión.
Navarra: Tudelano.
Castela-León: Cultural Leonesa, Unionistas, Valladolid B e Zamora.
Rioxa: SD Logroñés, Calahorra ee UD Logroñés.
Cataluña: Llagostera, Cornellá, Barcelona B, Nàstic de Tarragona, Sabadell e Andorra.
Extremadura: Badajoz e Extremadura.
Madrid: San Sebastián de los Reyes, Rayo Majadahonda, DUX e Real Madrid Castilla.
Castela a Mancha: Talavera e Albacete.
Comunidade Valenciana: Castellón, Villarreal B e Alcoyano.
Murcia: UCAM Murcia.
Andalucía: Betis B, Sevilla Atlético, Atlético Sanluqueño, San Fernando, Linares, Linense e Algeciras.
Baleares: Atlético Baleares.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia