O DEPOR XOGARÁ UN NOVO AMIGABLE O VINDEIRO MÉRCORES NO “PASARÓN” ANTE O PONTEVEDRA CF.

Fai 3 anos o Depor facíase co “Cidade de Pontevedra” en Pasarón.

 

Tralos 3 choques de pretempada xogados ante Racing Vilalbés, CSD Arzúa e Bergantiños CF, este último onte mesmo, cunha bagaxe de 2 vitorias e un empate, o Depor non voltaba a ter un amigable ata o vindeiro sábado 10 de Outubro en Riazor, coa visita do Valladolíd Promesas, equipo do Subgrupo B da 2ª B. Un posible rival na 2ª fase.

Co comezo da liga as portas, na fin de semana do 17-18 de Outubro o clube ven de acordar un novo amigable, que será o vindeiro mércores 7 de Outubro no “Pasarón” ante o Pontevedra CF, rival do Depor no Subgrupo A Gruppo 1. O encontro será a porta pechada a partires das 12:00 horas e será televisado pola canle de YouTube do clube, na que podes ver os anterires encontros televisados

 

PRETEMPADA DEPOR

Racing Villalbés 0-3 Deportivo  (Lara, Adri Castro y Borges)
Deportivo 5-0 CSD Arzúa (Lara, Keko, Miku, Borges y Gandoy) 
Bergantiños FC 0-0 Deportivo 
Miércoles 7 de octubre, 12:00 h, Pasarón (Pontevedra): Pontevedra CF – Deportivo
Sábado 10 de octubre, 18:00 h, La Devesa (Bembibre): Deportivo – Valladolid Promesas

 

Queijeiro non quedará no equipo

Segundo nos informan os amigos do DXT Campeón, Álvaro Queijeiro non seguirá co equipo. O coruñés de 27 anos de idade estaba a proba, pero ca fichaxe de Uche Agbo todo apuntaba a que a sua fichaxe perdía toda probabilidade, xa que en medio campo o equipo conta con Bergantiños, Uche e Borges e coa presenza de Nacho González se fose menester. 

 

DECLARACIÓNS DE BORJA GRANERO TRALO EMPATE DE ONTE

 

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia