O DEPOR XOGARÁ NUN GRUPO CON EXTREMEÑOS, CASTELÁN LEONESES, MADRILEÑOS, ANDALUCES E O CEUTA.

 

Trala xuntanza celebrada esta tarde na RFEF en Las Rozas, (Madrid), o decideuse partir o país este-oeste, de arriba abaixo, e o Depor xogará, ademáis de cos galegos, (Pontevedra, Ferrol e C.Vigo B), coa Cultural Leonesa e Unionistas de Salamanca, de Castela-La Mancha, cos extremeños, Mérida, Badajóz, cos madrileños, Fuenlabrada, Rayo Majadahonda, DUX Internacional, Real Madrid-Castilla, Sansebastián de Los Reyes, cos anadaluces, Córdoba, Linares, Linense, e San Fernando, e co Ceuta, da cidade autónoma, sen dúbida o peor desprazamento.

Polo tanto unha liga completamente diferente a que vivimos a pasada tempada, e sobre o papel, moito máis competitiva, co poderío dos andaluces.

Data do comezo da competición

A liga comezará o fin de semana do 27-28 de Agosto, e rematará ca final dos PLay-Off que serán a encontros de ida e volta, na casa de cada un dos participantes, o 25 de Xuño do 2023.

 

-Foto : RFEF

-Texto : piratasdemuxia