O DEPOR XOGARÁ NA COPA DO REI ANTE O TENERIFE EN RIAZOR O 6 DE NADAL E PASA O ENCONTRO DE LIGA ANTE O SESTAO AO DOMINGO 10.

José Ángel chegou este ano do Tenerife.

 

O Depor tocoulle no bombo na Copa do Rei o Tenerife, encontro  correspondente á segunda eliminatoria, que será a partido único, e que se xogará no Estadio de Riazor. A data anunciada polo clube é a do mércores 6 de Nadal, día festivo para moita xente por ser o Dia da Constitución. O encontro será ás 12:00 horas, (11:00 GMT). Encontro especial para José Ángel que chegou este ano do Tenerife. Tamén dicir que do equipo tinerfeño da man de Lendoiro chegou o Bota d´ouro, Roy Makaay.

Así mesmo, a RFEF comunicou o cambio de data do partido de liga correspondente á 16ª xornada ante o Sestao River, tamén no Estadio de Riazor, que pasa do sábado 9 de Nadal ás 19:00 ao domingo 10 de Nadal ás 16:30 horas, (15:30 GMT), televisado pola TVG-2 e FEF TV.

 

-Foto : Tiempo de Canarias

Texto : Xosé Búa “Pirata/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies