O Middlesbrought quedou as portas da promoción.
O RC Deportivo ven de anunciar os primeiros dous amigables da pretempada que será a finais de Xullo nas Illas Británicas. Os rivais serán o Watford e o Middlesbrough, ambos equipos das Chapionship, (2ª inglesa), e ainda que son os primeiros que se confirman o equipo branquiazul xogará antes varios máis xa que os xogadores están citados para o 7 de Xullo día no que se farán as pertinentes análises para logo comezar os adestramentos en Riazor.
Na sua presentación o novo adestrador, Antonio Hidalgo, xa dixo que quería ter bastantes amigables para ir vendo aos xogadores. Nestes intres o Depor cos retornados ten 30 xogadores polo que varios serán cedidos e outros que non deron a talla xa terán a día de hoxe a porta aberta para buscar equipo e como derradeiro termo tirarase de rescisións.
Ata o de agora os que xa se despediron foron Pablo Martínez e Jaime Sánchez e fixérono antes de rematar a liga e despedíndose asi mesmo no terreo de xogo. Incorporacións ainda non houbo pero sía excelente nova da continuación de Yeremay Hernández no plantel e con posibilidades de ampliar 3 anos máis, 8ata 2033) por obxetivos. Todo apunta a se o Depor está en Primeira. Aposta forte e unha mensaxe de que se quer ir a máis e que se vai a ir.
Os amigables en Inglaterra será o primeiro o mércores 30 de Xullo, enfrontaranse ao Watford ás 20:45 hora galega, en “Vicarage Road”, na cidade de Watford. Esta tempada acabou 14º na que ven sendo s 2ª inglesa con 57 puntos.
O sábado 2 de Agosto, 16:00 horas, (hora galega), o Dépor mídese ao Middlesbrough no “Riverside Stadium”, da cidade de Middlesbrough. Este equipo acabou na 10ª posición con 64 puntos a 4 do Play-Off polo que estivo loitando ata a derradeira xornada. Nesta derradeira xornada e a 2 de entrar na promoción caía por 2-0 co Coventry que se xogaba con eles posto de promoción.
-Foto : FaceBook Middlesbrougth
-Texto : Xosé Búa “Pirata”