O DEPOR XOGA MAÑÁN SÁBADO O CUARTO ENCONTRO AMIGABLE DA PRETEMPADA TELEVISADO EN DIRETO…O EQUIPO FEMININO XOGA EN PORTUGAL O SEU PRIMEIRO AMIGABLE.

O Depor ven dun gran encontro ante a Ponferradina.

 

Depor-Real Madrid Castilla

O Real Madrid Castilla, equipo do mesmo grupo co Dépor en Primera Federación, enfróntase mañán sábado 6 de agosto ás 19:00 horas, (17:00 GMT), en Viveiro, no Estadio Cantarrana.

Como o resto de partidos de pretemporada, dentro da Dépor, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club.

As entradas custan 15 euros, (menores de 12 anos gratis) e pódense adquirir anticipadamente nas oficinas do Viveiro CF no Cantarrana, e ademáis nos locais viveirenses, Óscar Joyeros e Vinoteca Aquitania. O mesmo sábado tamén estarán dispoñibles no despacho de billetes do Estadio, desde unha hora antes do comezo do amigable.

 

-RESULTADOS DA PRETEMPADA-

Atlético Arteixo 0-3 Depor

Racing Vilalbés 1-4 Depor

Depor 7-1 SD Ponferradina

 

 

O Deportivo Feminino xoga en Portugal

O Trofeo Cidade de Gaia, mañá sábado 6 de agosto ás 17:00 (hora local, 18:00 en España), ante o Valadares Gaia FC, da Primeira División lusa, será o primeiro test desta pretemporada para o Deportivo ABANCA.

O partido cambiou de escenario, posto que en lugar do Complexo Desportivo Valadares como estaba previsto inicialmente, o encontro xogarase no Estadio dá Lavandeira.

Desta maneira, o Dépor ABANCA devolve a visita ao Valadares Gaia FC da Primeira División lusa porque hai un ano, o conxunto portugués impúxose na Coruña na quenda de penaltis ao branquiazul no Trofeo Teresa Herrera disputado en ABANCA-RIAZOR. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate sen goles.

 

 

Miku ficha polo Real Murcia

O dianteiro venezolano, que tan bo rendemento deu no Depor, ven de fichar polo Real Murcia, do 2º Grupo da Primeira Federación.

Noso desexo de que lle vaia do milloriño, menos contra nós, se tivese que enfrontarse nun hipotético Play-Off.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies