A Comisión de presidentes de federacións autonómicas, a falta da ratificación da Comisión Xestora da Real Federación Española de Fútbol, fixo pública a proposta de distribución de grupos de Segunda División B para a Temporada 2020-2021 na que o RC Deportivo formaría parte do grupo I, subgrupo A.
O conxunto branquiazul tería como rivais ao resto de equipos galegos da categoría: Coruxo FC, SD Compostela, Racing de Ferrol, Pontevedra CF, RC Celta B; e a estes equipos de Castela e León: CD Guijuelo, Zamora CF, Salamanca CF UDS e Unionistas de Salamanca.
A Segunda División B comezaría o próximo 18 de outubro. Esta data deberá será ratificada o 14 de setembro, a condición de que se aprobou o correspondente protocolo polas autoridades gobernamentais.
ORGANIGRAMA
-102 equipos. 5 grupos, con 2 subgrupos. 18 partidos.
-Os 3 primeiros de cada subgrupo (30 equipos) xogan nova liga de 6 equipos (A+B).
-Os 3 primeiros clasificados e o mellor 4º (16 equipos) xogan o play-off a 2ª.
Rayco novo xogador do Fabril
Rayco Rodríguez Medina (As Palmas de Gran Canaria, 24 de novembro de 1996) converteuse hoxe en novo xogador do Fabril. O extremo canario formouse como futbolista nas canteiras da UD Almenara e da UD Las Palmas, como paso previo a enrolarse nas filas da estrutura de fútbol base do Acodetti CF. O seu bo facer chamou a atención do Real Betis, ao que se incorporou en 2015. A posteriori, pasou polo CF Pobla de Mafumet, durante dúas temporadas, e a Polvorín FC (filial do CD Lugo) nas dúas últimas campañas.
Rayco, que acumula 22 partidos en Segunda División B, pode desempeñarse en ambas as bandas ou na media punta. O curso pasado, vestindo a camiseta branquivermella na Terceira galega, anotou 17 goles, converténdose no segundo máximo goleador da competición.
O Deportivo Feminino tamén comezará en Outubro
O Dépor ABANCA comezará a súa segunda tempada na Primera Iberdrola o próximo 18 de outubro, segundo acaba de aprobar hoxe a Comisión de Presidentes Autonómicos, ratificada posteriormente pola Comisión Xestora da Real Federación Española. Iso si, esa data pode variar por acordo unánime dos clubs, nunha data que sería nunca antes do 4 de outubro e previa ratificación do protocolo a cargo das autoridades sanitarias. A Primera Iberdrola confórmana un total de 18 equipos e 34 xornadas de competición.
As rivais do conxunto que prepara Manu Sánchez son: FC Barcelona, Real Madrid CF, Atlético de Madrid Femenino, Valencia CF Femenino, Levante UD, Sevilla FC Femenino, Real Betis Féminas, RCD Espanyol Femenino, SD Eibar, Sporting Club de Huelva, Real Sociedad, Athletic Club, Madrid CFF, UD Granadilla Tenerife, Liberbank Santa Teresa Badajoz, Rayo Vallecano e EDF Logroño.
-Foto e Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo