O DEPOR VOLVE A FALAR GALEGO DESDE O BANCO CA CONFIRMACIÓN DE GILSÁNZ.

 

Foi sempre un dos meus favoritos vendo a sua exitosa e humilde traxectoria, antes de chegar o Depor e despois na base do clube deportivista, e cada vez que ven un bus da empresa familiar, “Gilsánz”a Muxía, (e veñen moitos), dígolle aos compañeiros, “este tiña que ser o noso adestrador”, (o do apelido non o bus), e a resposta sempre parecida, “para xogar o estilo italiano, poñendo o autobus”.

A chegada de Óscar o primeiro equipo xa de maneira oficial e non coma interino ademáis de que ven un home da casa, deportivista e que coñece todo por dentro e por fora, así coma os xogadores, suporá que non haxa revolucións drásticas pois non as necesita pois o equipo máis ca nada faltoulle sorte e saber xestionar eses minutos de desconcerto, (primeira metade de Levante ou ante o Racing), e saber xestionar a plantilla, penso que unha das cousas que lle faltou a Idiakez, e que seguramente supuxo en parte a sua destitución xa que o equipo sigue tirando practicamente dos mesmos que acadaron o ascenso e sen sacarlle partido as fichaxes. Gilsánz terá que saber mover esas pezas que ainda non colleron rodamento porque non se lles deu a oportunidade, e sobre todo saber ler os encontros a hora de facer os trocos.

Ademáis de todo esto e do aire fresco que trae o adestador deportivista, trae de novo o galego o equipo. Si que contestan en galego cando lle preguntan, Villares, Mella, ou Barcia, pero desde o banco atrás quedaron os Arsenio, Fernando Vázquez, Vidal, Luis César, ou De la Barrera. Agora chega un home galego falante e que xa na rolda de prensa do Cartagonova fixo toda a rolda de prensa en galego, que non é unha falta de respeto aos deportivistas castelán parlantes, de Galicia e de fora, pero é unha axuda a nosa lingua e se lle preguntan en galego contestará en galego e se lle preguntan en castelán farao en castelán, sempre según os xornalistas, (que non o son todos), caso inaceptable os de radios a nivel local que reusen da nosa lingua nai.

O adestrador será presentado hoxe mesmo a partires das 13:00 horas, (12:00 GMT), tal e como xa vos adiantábamos onte. O seu lugar no Fabril será ocpado por Manuel Pablo, facendo como está a ser habitual dende fai anos na base un escalonamento nos postos, e que dista volta a Gilsánz tocoulle completala co primeiro equipo.

Benvido Óscar e como se di no argot mariñeiro : “que teñas boa proa!!!”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”