O que fallan son os goleadores, que a camiseta non os marca.
Segundo apuntaron dende a Cadena Ser Coruña, o Depor voltará as franxas verticais para estes dous encontros vitais que se xogarán seguidos en Riazor, ante Racing de Santander, (xoves 19:00 horas/18:00 GMT) e ante o Cádiz o Domingo, (16:00 horas/15:00 GMT). Será un novo deseño, non o do ano pasado. Unha decisión do novo consello de administración que liderará Fernando Vidal e que ten hoxe a primeira convocatoria da Asemblea de Accionistas, e mañán a segunda e na que teremos xa a Fernando Vidal como novo presidente.
Verdadeiramente parécenos unha acción de cara a galería, pois se tan fea e nefasta é esta camiseta para o Depor, non dirán o mesmo dende o Deportivo Feminino, pero coma en todo as veces hai actos que van máis alá do estético e pásanse o psicolóxico e de troco de ideas nas masas.
Sabín Merino moi preto do Depor
O dinateiro do CD Leganés, Sabín Merino parece ser que está moi preto de recalar no RC Deportivo ata final de tempada. Apuntan dende a localidade madrileña que só falla o recoñecemento e a firma.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.