O Dépor viste a historia da Coruña na súa terceira equipación do 120 aniversario.

O RC Deportivo volveu a escoller unha data marcada en vermello no calendario galego para presentar a sua terceira equipación. Coincidindo co Día de Galicia, o club deu a coñecer ás 12:00 horas a “galega”, nun claro aceno ao 120 aniversario que celebra o clube.

Desde 2014 o Depor converteu a terceira camiseta nunha homenaxe á identidade galega o ser o equipo dois galegos, nesta ocasión decidiu mirar tamén ás súas raíces máis fondas facendo un chisco a Coruña.

A gran protagonista do deseño é a Cruz de San Andrés, que ocupa practicamente toda a parte frontal da camisola sobre un fondo branco. Un símbolo que moitos identifican coa antiga bandeira da cidade herculina e que, ademais, forma parte da propia historia da bandeira galega. Antes da actual faixa azul diagonal, Galicia utilizou a cruz completa como enseña, unha imaxe profundamente ligada ao porto coruñés e á tradición marítima.

O resultado é unha camiseta co branco e o azul sendo os protagonistas, co escudo do Deportivo presidindo o peito e unha novidade que tamén chama a atención, a publicidade de Estrella Galicia 0,0 aparece perfectamente integrada no deseño, do mesmo xeito que acontece coa primeira equipación da tempada. 

Un deseño que conta historia, nesta ocasión, a historia da cidade que viu nacer ao Deportivo e coa que comparte boa parte da súa identidade.

A elección do 25 de xullo tampouco foi casual. O Día de Galicia leva anos sendo unha data especial para que o Dépor presente unha camiseta diferente, converténdoa nunha tradición agardada pola afección. Este ano, ademais, a referencia ás 12:00 horas da presentación serviu para reforzar a celebración dos 120 anos de historia dunha das entidades máis representativas do fútbol galego.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”