O Auriense, rival do Dépor na Copa do Rei
O Depor enfrontarase ao Auriense na primeira rolda da Copa do Rei, nunha eliminatoria a partido único que se disputará entre o 27 e o 29 de outubro.
O conxunto deportivista xogará como visitante e, previsiblemente, o encontro terá lugar no estadio de O Couto, xa que o campo habitual do Auriense, Oira, non cumpre os requisitos da RFEF.
O Auriense, antigo Cented Academy, conseguiu a súa praza tras gañar a Copa Deputación de Ourense, a Supercopa Galega e a previa da Copa do Rei fai uns días en Soria. É un club novo, fundado en 2014, que foi ascendendo categorías ata chegar á Preferente.
Será ademais unha visita con recordos para o Dépor: en 2024 xa xogou en O Couto na Copa do Rei e caeu eliminado por 1-0 polo UD Ourense.
–
-Foto : FaceBook Auriense
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–