O DEPOR TALAVERA O 28 DE SETEMBRO E DAVID MELLA CONVOCADO POLA SUB 18.

Miku fixo o gol da vitoria o ano pasado ante o Talavera.

 

Depor Talavera o 28 de Setembro

O xuíz único de competicións non profesionais da Real Federación Española de Fútbol, Rafael Alonso, resolveu no día de onte e trasladado no de hoxe aos clubs a resolución co horario da 1ª xornada aprazada para o RC Deportivo, na que debería enfrontarse ao DUX Internacional de Madrid no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Finalmente será o CF Talavera, que ocupa a praza do DUX e será o rival do Dépor da primeira xornada, como o propio Rafael Alonso acordou o pasado martes na resolución na que se desinscribía ao equipo madrileño e inscribíase no Grupo I de Primeira Federación ao toledano.

Así pois, o CF Talavera será o rival do Dépor no partido aprazado da primeira xornada en Riazor, o vindeiro mércores 28 de setembro de 2022 a partir das 20:00 h.

 

Mella xoga no Fabril e adestra co primeiro equipo.

 

David Mella convocado pola Sub 18

David Mella foi convocado pola selección española sub-18 para un torneo internacional durante a próxima semana na localidade turca de Bursa.

O canteirán branquiazul, aínda en idade xuvenil, realizou boa parte desta pasada pretemporada co primeiro equipo ás ordes de Borja Jiménez e está en dinámica do Fabril de Terceira RFEF.

O atacante deportivista incorporarase á concentración do equipo nacional o vindeiro luns 19 de setembro, xusto despois do partido do filial en Abegondo ante o Alondras CF, previsto para o domingo 18 de setembro ás 12:00 horas.

Os rivais de España serán Portugal, Romanía e Turquía en calidade de anfitrioa, con este calendario:

Xoves 22 de setembro
12:30: ESPAÑA – PORTUGAL, no Vakifköy Sport Facilites en Vakifköy

Sábado 24 de setembro
16:30: TURQUÍA – ESPAÑA, no Karacabey M. Fehmi Gerçeker Stadi en Karacabey

Luns 26 de setembro
12:30: ESPAÑA – ROMANÍA, no Minarelli Kavus Stadium

Asi pois, David Mella será baixa segura para o partido do Fabril da 3ª xornada en Terceira RFEF en Abegondo ante o Arosa SC previsto para a fin de semana do 24 ou 25 de setembro.

O martes 27 está previsto o regreso do fabrilista á Coruña despois dunha longa viaxe desde Istambul.

-Fotos : rcdeportico/Twitter

-Texto : rcdeportivo.es/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies