Máis de 20.000 espectadores no primeiro encontro de liga.
No día de onte o RC Deportivo anunciaba que se chegaban aos 26.112 socios nas filas do clube, superando en en torno aos 7.000 máis ca a tempada pasada por este tempo, e 600 máis co final dela. Estes números que van a seguir crecendo, e se o equipo o fai ben, moito máis, é un craro camiño a que se poida chegar a non haber entradas a venda para os encontros de Riazor nalgún intre da campaña.
Aos 26.112 asentos con propiedade que existen nestes intres hai que sumar a esquina antre Pavillón Superior e Preferenza Superior, a chamada “A Xaula”, lugar onde se ubican as afeccións visitantes, e que ten en torno aos 1000 asentos, polo que agora mesmo, a menos que non veña ninguén da afección do rival de turno, poderíamos decir que hai máis de 27.000 asentos que non sairán a venda para os afeccionados deportivistas, polo que quedan en torno aos 5.000 para novos socios e venda de entradas. Esto tendo en conta a capacidade de Riazor segundo a web do Concello de A Coruña, que apunta unha capacidade de 32.547. Si nos fiamos doutras fontes está antre os 30.400 e os 34.500. O que está craro que segundo vaia a liga haberá moitas dificultades para facerse cunha entrada, pois as poucas que queden iranse rápido.
Como decíamos se o equipo fai unha boa campaña motivará a que a cifra de socios novos sexa constante, pois ainda hai lista de espera para rovas altas, así coma o sistema online, que é o que máis se está usando. Tanto é así, que na OAD non dan a manos a facer novos carnets. Esto tamén afecta ao Deportivo Liceo, do que somos moitos os que ademáis nós facemos socios do clube de hoquei para axudar e para poder ir a ver os seus encontros, ou nen eso, por seña de identidade galega co mellor clube deportivo de Galicia e un dos mellores do mundo na sua disciplina.
Un socio deportivista co carnet do RC Deportivo ten opción a ver o primeiro equipo, o Fabril, o Deportivo ABANCA, os equipos de base, o Liceo, (con todo o que representa), descontos na Deportenda e Deporclínica, e eventos que orgañiza o clube, así coma ver de balde os Play-Off en tódalas categorías, así coma na Copa do Rei e da Raiña, e ata no encontro ante o Lugo o clube pagou os 5 euros das entradas a 25 para que todos puidésemos ir pagando 20 euros, que era o prezo dunha parte das entradas.
Bendita loucura, é un sentimento, somos o Depor, estamos nas malas e nas boas…os adxetivos son de todo tipo, e todos son certos…non trates de entendelo…para nós o Depor é un amigo, un familiar en apuros, e aí é cando hai que estar.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”