Na tarde de onte as Oficiñas de Atención ao Deportivista pechaban as suas portas con 21.034 socios antre altas e renovacións. Nen a incertidume de se se poderá voltar a Riazor pode ca nosa afección. Non entendemos de dar as costas ao clube nen sequera en tempos tan extremos coma estes que nos está a tocar vivir. Nin siquera que se repetise o punto máis baixo da historia do clube arredaría a afección de apoiar.
Os típicos afeccionados “españolitos”, que temos espallados polo noso país veñen augurado dende fai moitos anos que se baixásemos a 2ª División o clube desaparecería, baixamos varias veces e o apoio creceu, agora era que se baixábamos a 2ª B, e o apoio segue crecendo, e estou seguro, como deportivita e con coñecemento sobre o terreo, que se este ano se puidese ir os campos, terían que colgar o cartel de “Non hai entradas”, en tódolos campos da categoría que nos tocase enfrontar e que en Riazor serámos máis de 25.000 en cada encontros, incluso sendo máis fervente, en moitos encontros esgotaríanse as entradas.
O record da 2ª B de algo máis de 16.000 socios que tiña o seu poder o Real Oviedo, xa foi superado en 5.000 e de seguro que de aquí a final de tempada será ainda maior a diferenza, e se temos a sorte de que se poda voltar os estadios estaremos a falar dunha cifra moi superior a actual e maior ca do ano pasado. Hoxe en día o RC Deportivo está no podio de equ1pos con máis socios do fútbol español, e se miramos o volume de habitantes, sen xénero de dúbidas a cabeza.
“Somos deportivistas e só nos move un latido e non entendemos de dar as costas”.
-Foto e Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR