O DEPOR SUPERA OS 20.000 SOCIOS ANTES DO COMEZO DA LIGA E SIGUE CRECENDO O NÚMERO DE ALTAS.

 

Unha vez máis e xa van un sinfín delas, a afección do Depor amosa que tanto ten que xogue en Champions coma que sexa na 2ª B, ainda non comezou a tempada, que o fará este Domingo a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT), recibindo ao Salamanca en Riazor, e xa somos 20.070 socios…incrible!!!.

Os primeiros 18.000 non sabíamos siquera se se chegaría a ir o estadio, pero esto non parou, nen parará, e agora co aforo limitado xa somos máis de 20.000, unha cifra da que poden presumir moi poucos equipos en España, e de seguro que se se puidese ir o campo con normalidade, chegaríamos a cifras de escándalo, pois esta afección non sabe de categorías e está onde hai que estar, a carón do equipo cando máis o necesita.

Para os que non poidan ir o estadio, pois vai ir indo pouco a pouco a afceción, comezando polos Socios Protectores e de Ouro, tal como xa se avisou cando se ofrceron varios formatos para renovar, nos incentivos polos encontros perdidos a pasada tempada, para os que non poidades, (ou poidamos), ir os encontros da casa e os que se xoguen ante os equipos galegos serán pola TVG2. Tamén será trasmitidos na web da TVG para o resto do mundo, nas plataformas que teñen a TVG, non confundir ca TVG Internacional que ten unha programación diferente. Os que xoguemos contra Unionistas, Salamanca, Guijuelo e Zamora, nos seus feúdos, serán por Footers. 

O Compostela o Domigno 25

A RFEF xa deu os horarios da 2ª xornada de liga na que visitaremos ao SD Compostela no “Vero Boquete” de San Lázaro, será o Domingo 25 de Outubro ás 17:00 horas, (15:00 GT).

-Foto e Texto : piratasdemuxia