Un positivo de COVID-19 no primeiro cadro do Dépor obrigou a suspender o adestramento matinal para hoxe e ao longo da mañá, futbolistas e técnicos sometéronse ás pertinentes probas PCR.
“Á vista dos resultados, e illada a persoa afectada tal e como establecen as autoridades sanitarias, o Dépor adestrarase ás 18:00 h. na Cidade Deportiva!, comentábannos dende o clube. Tanto neste caso coma en moitos outros parécenos ridículo que non se diga quen é o afectado, cousa que fai crear a sensación de que a persoa que se contaxia é un apestado. Tanto neste ámbito, coma no resto da vida cotiá..
Rolda de prensa previa o encontro de Copa
Ás 19:45 horas, (18:45 GMT), Borja Jiménez dará de maneira telemática a rolda de prensa previa ao partido de mañá xoves ante o CA Osasuna ás 21:00 horas, (20:00 GMT), Dazn, correspondente á segunda eliminatoria da Copa do Rei, que será a partido único.
-Foto : RC Deportivo
-Texto . piratasdemuxia
