O DEPOR RETOM ESTE LUNS OS ADESTRAMENTOS E VOLVE A XOGAR UN AMIGABLE O MÉRCORES. POLA SUA BANDA BERGANTIÑOS E FABRIL IGUALAN SEN GOLES.

 

Trala vitoria ante o Racing Vilalbés no primeiro amigable de pretempada, (0-3), con goles de Lara, Adri Castro e Celso Borges, nun choque que tivo nos prolegómenos unha homenaxe a Peña Deportivista de Vilalba, o equipo descansa ata mañán que retoma os adestramentos para seguir na preparación de cara o inicio de liga estipulado para o 18 de Outubro se o COVID-19 o permite. A vindeira cita de amigables será este mércores en Riazor ante o CSD Arzúa.

O calendario provisional de amigables xa confirmados é o seguinte:

Sábado 26 de setembro, A Magdalena (Vilalba): Racing Villalbés 0 – Deportivo 3 (Lara, Adri Castro e Celso Borges)
Mércores 30 de setembro, 18:00 h., ABANCA-RIAZOR (a porta pechada): Deportivo – CSD Arzúa
Sábado 3 de outubro, 19:00 h., As Eiroas (Carballo): Bergantiños FC – Deportivo
Sábado 10 de outubro, 18:00 h., A Devesa (Bembibre): Deportivo – Valladolid Promesas

 

Empate sen goles antre Bergantiños e Fabril

O Fabril, con varios xuvenís convocados, disputou esta mañá no campo das Eiroas o seu primeiro amigable desta pretemporada, co Bergantiños FC como rival.

Juan Carlos Valerón, técnico fabrilista, repartiu minutos de xogo entre todo o seu cadro, o principal obxectivo, nun partido igualado que acabou sen goles (0-0).

Primeiro tempo: Pablo Brea, Iván, Kanouté, Rojo, Pescador, Barba, Guille Bueno, Prendes, Álex, Guedes e Trilli. Tamén xogaron: Isra, Dani Barcia, David Suárez, Javi Sánchez, Manu Mosquera, Villares, Boedo, Adrián, Rayco, Cambón e Sarmiento.

A próxima cita de pretemporada será en Abegondo o mércores 30 de setembro ás 11:00 horas ante a SD Compostela.

O filial deportivista arrincará a liga no subrupo A de Terceira División o próximo 17 ou 18 de outubro no campo Alcalde Manuel Candocia das Somozas.

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia