O DEPOR REMATOU A PRIMEIRA SEMANA DE ADESTRAMENTOS E AFRONTA A SEGUNDA DENDE O LUNS DE CARA O PRIMEIRO AMIGABLE DA PRETEMPADA.

 

O Depor 2021/22, con Borja Jiménez o timón, rematou a primeira semana de adestramentos e xa mira a segunda que comezará mañám luns con dobre sesión de adestramentos en Abegondo, a partires das 10:30 horas e repetindo ás 19:00.

Terán de novo dobre sesión o mércores, namentras que martes, xoves e venres, será só pola mañán, (10:30), para o sábado desprazarse a Vilalba, para disputar ante o Racing Vilalbés, o que será o primeiro amigable desta pretempada, na que tamén teñen pechado os deportivistas, encontros ante o Viveiro CF (sábado 31 de xullo, 19:00 horas, no “Cantarrana”-Viveiro), Bergantiños FC , (mércores 4 de agosto, 19:00 horas no “As Eiroas”-Carballo), e ante o Real Madrid Castilla o 15 de Agosto. Este último sen confirmar polo RC Deportivo, pero anunciado polo clube branco.

No que leva de pretempada o equipo deportivista ten ainda sen estrearse, Héctor, Pablo Brea, que están con traballo específico recuperándose de dienzas, asó como Valín, cumprindo as pautas dun postoperatorio. Logo están os casos de Uche, Rolan e Fede Cartabia, con permiso do clube, que lles está a buscar unha saida, e Celso Borges que está concentrado coa súa selección na Copa de Ouro da CONCACAF, na que leva xa dous partidos xogados, ambos os como titular, e dous goles anotados, e en Cuartos de final.

Por outra banda, Rafa de Vicente, tivo que deixar os adestramentos no día de onte a consecuencia dunha contusión no xeonllo, tras un golpe cun compañeiro.

 

Martes saberase o calendario da 1ª RFEF 

A Federación Española de Fútbol comunicou esta mañá que o vindeiro martes 20 de xullo ás 12:00 realizarase o sorteo do calendario do grupo no que militará o RC Deportivo na Primera RFEF. O acto poderase seguir por streaming nas canles oficiais da Federación.

A Comisión Delegada fixou o 29 de agosto como data para o inicio da liga. A competición xogarase sen descanso cada fin de semana até o 19 de decembro, que terá lugar a última xornada do ano 2021. Tralo parón do Nadal, a liga retómase o 9 de xaneiro pero non haberá liga o 16 de xaneiro pola disputa da Supercopa de España. Tan só haberá unha xornada intersemanal, o mércores 26 de xaneiro.

A Primera RFEF finaliza o 29 de maio despois de 38 xornadas e xa no mes de xuño xogaranse os playoff de ascenso a Segunda División.

 

Mércores o calendario da Reto Iberdrola

O vindeiro mércores 21 de xullo, ao concluír o sorteo do calendario da Primera Iberdrola, a data na que se fará público o calendario de Reto Iberdrola ou Segunda División RFEF, competición na que participará o Deportivo ABANCA.

O Deportivo ABANCA comezará a temporada a fin de semana do 4 e 5 de setembro. O último partido de 2021 será a fin de semana do 11 e 12 de decembro. Após o parón do Nadal, a competición retomarase o 8 ou 9 de xaneiro de 2022. A liga concluirá a última fin de semana de maio e quedará o mes de xuño para os playoff.

Apunta a Real Federación Española que de cara á temporada 2022-23 haberá unha nova reestruturación no fútbol feminino: a Primera Iberdrola terá unicamente 14 equipos (non os 16 que hai agora mesmo); e Reto Iberdrola quedará constituída nun só grupo de 16 equipos. Isto leva á creación dunha nova categoría, a Terceira RFEF, constituída por dous grupos de 16 equipos cada un.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia