O DEPOR PECHA HOXE A PRETEMPADA ANTE O BERGANTIÑOS FC EN ARTEIXO, EN DIRETO POLA CANLE DO RC DEPORTIVO.

Depor-Bergantiños hoxe en Arteixo.

 

O Depor pecha hoxe unha pretempada con moi boas sensacións e sen ter a plantilla pechada, pero que se ve beneficiada por ter gran canridade de xogadores do ano pasado.

Hoxe no Ponte dos Brozos de Arteixo o equipo deportivista enfronatarase ao Bergantiñso FC, un dos equipos que peor se lles deu nas derradeiras tempadas. O equipo de José Luis Lemos, disputará por segundo ano consecutivo na 2ª RFEF.

O choque comezará ás 18:00 horas, (16:00 GMT), e será televisado pola canle de YouTube do RC Deportivo , ademáis, será o encontro que pechará a pretempada 2022/23, xa que a liga comeza a vindeira fin de semana, pero todo apunta, salvo miragre, que o Depor ainda non iniciará a competición ata a seguinte, na que visita Riazor o Linense, xa que o rival do vindeiro sábado, o DUX Internacional, nen ten equipo, nen corpo técnico, polo que nen fixo pretempada.

 

 

Así vai a pretempada deportivista 

Atlético Arteixo 0 – RC Deportivo 3 (Martín Ochoa, Yeremay e Jaime)
Racing Villalbés 1 – RC Deportivo 4 (Raúl Carnero, Santamaría -2- e Mario Soriano)
RC Deportivo 7 (Quiles -3-, Santamaría, Víctor Narro, Tim Caroutas e Martín Ochoa) – SD Ponferradina 1
RC Deportivo 0 – Real Madrid Castilla 0. A penaltis: 5-6
RC Deportivo 4 (Quiles -3- e Víctor Narro) – FC Metalist Kharkiv 2

-Foto e Texto : rcdeportivo