Dobre exhibición de forza: o Dépor e o Deportivo ABANCA arrasan nos seus amigables de pretempada
Non son máis ca amigables, adestramentos para ir collendo físico e tecnicismos dos adestradores pero Deportivo e o Deportivo ABANCA protagonizaron este mércores unha tarde perfecta, cunha dobre exhibición de forza e eficacia nos seus respectivos amigables de pretempada. Ambos equipos lograron avultadas vitorias lonxe da súa casa, afianzando boas sensacións.
Compostela 0-5 Deportivo
Encontro benéfico no que a recadación ía destinada a loita contra o Cancro infantil. O primeiro equipo masculino do Deportivo enfrontouse ao Compostela no Estadio Vero Boquete de San Lázaro, ante 5.300 afeccionados na maioría deportivistas cun resultado contundente: 0-5. Foi un encontro típico de pretempada, cunha ampla rotación de xogadores, once distintos en cada tempo agás o canteirán xuvenil Samu, que disputou 67 minutos antes de ser substituído por outro xuvenil, Damián. Ambos ocuparon a posición de central, cumprindo con solvencia.
O protagonista da primeira metade foi Chouri, que asinou dous goles tras un inicio no que xa avisara cun disparo ao poste. O Deportivo mostrouse moi superior dende o inicio, xerando múltiples ocasións que puideron aumentar a renda antes do descanso. O Compostela só amosou algo dfde perigo en duas chegadas.
Na segunda metade, Bouldini anotou o terceiro cun potente zurdazo dende o pico da área pequena por banda esquerda, rozando pouco despois o cuarto cun cabezazo que pasou moi preto do pau. Sería Rubén, o aproveitar un balón colgado as costas da liña defensiva no punto de penalti.
Xa nos minutos finais, Cristian Herrera puxo o broche de ouro cun auténtico golazo, remate de volea tras un rexeite, despois de que un defensor salvase previamente sobre a liña de gol.
A pesar das ausencias por molestias físicas de Chacón, Ximo Navarro, José Ángel e Arnau Comas, a mellor nova da tarde foi a reaparición de Barcia, Mella e Chouri, totalmente recuperados das súas lesións de final de tempada. Non estiveron o que fai ver o seu futuro : Martín Ochoa, Mfulu e Davo.
Troco de números
Notouse un xesto simbólico, parece que Mella herdou o dorsal 11 de Tosic, mentres que Noubi levou o 4 de Pablo Vázquez. Veremos se son definitivos.
Teddy Alloh a sorpresa no once
Xogou por banda esquerda no lateral o francés Teddy Allod, xogador que o Depor non anunciou coma fichaxe e que se di que está a proba e que seu futuro podería ser no Penafiel. Todo depende do que opine Antonio Hidalgo nos adestramentos que está a facer. Xogou toda a primeira metade e víronselle cousas de calidade con desborde e desparpaxo entrando en área tras chegar a liña de fondo, pero tamén se veu sorprendido un par de veces que o Compostela montou unha contra. O rapáz de 20 anos chegou como axente libre tras rematar contrato co Kas Eupen Belga e foi canteirán do PSG.
O próximo reto para o conxunto branquiazul será o vindeiro sábado, cun novo amigable fronte ao Ourense no Estadio do Couto, do que tes toda a información ao final do artigo e que tamén será televisado pola canle de YouTube do Depor.
SC Braga 0-4 Deportivo ABANCA
Mentres tanto, en terras portuguesas, o Deportivo ABANCA fixo o propio fronte ao SC Braga, un equipo de nivel europeo. As pupilas de Fran Alonso impuxéronse con claridade por 0-4 nun partido que quedou decidido xa na primeira metade.
O marcador abriuse cedo, aos 9 minutos, cun auténtico golazo de Ainhoa Marín, que sorprendía á porteira rival. O Deportivo Feminino foi moi superior no primeiro tempo, con presión alta, transicións rápidas e unha enorme eficacia de cara ao gol.
Aos 24 minutos, Millene ampliou distancias cunha boa definición, e sen tempo para que o Braga reorganizase a súa defensa, a propia Millene fixo o terceiro no minuto 38, completando un dobrete de calidade.
Xa no desconto da primeira parte, Marina aproveitou unha transición rápida para asinar o 0-4 no 45+1, pechando unha primeira parte de dominio absoluto das galegas.
Na segunda metade, o técnico Fran Alonso, optou por cambiar o equipo por completo, dando minutos a todas as xogadoras dispoñibles e permitindo manter o ritmo e a intensidade sen asumir riscos innecesarios.
Conclusión: confianza en crecemento para ambos conxuntos
Estes dous amigables deixan unha mensaxe clara: tanto o Deportivo como o Deportivo ABANCA van collendo conceptos e minutos, enchufados e cun plantel competitivo. As boas novas sobre a recuperación de xogadores clave como Mella e Chouri, xunto ao rendemento inmediato das novas incorporacións e a brillante actuación dalgúns canteiráns, dan motivos para o optimismo na afección branquiazul.
A seguinte proba será no O Couto, ante o Ourense, onde o Deportivo masculino buscará seguir afinando a súa posta a punto. Pola súa banda, o ABANCA tamén seguirá sumando minutos e confianza de cara a unha tempada na que aspiran a dar un pasiño máis na Liga F.
PRETEMPADA DEPOR 2025/26
Deportivo 3-2 Famalicão (Yeremay (p), Luismi e Herrera)
-
SD Compostela 0-5 Deportivo: Chouri, (2), Bouldini, Rubén López e Crístoian Herrera.
-
Ourense CF-Deportivo: sábado 26 de xullo, ás 20:00 h, no Estadio do Couto (en directo en YouTube do RC Deportivo).
-
Watford-Deportivo: mércores 30 de xullo, ás 20:00 horas (hora galega), en Vicarage Road.
-
Middlesbrough-Deportivo: sábado 2 de agosto, ás 16:00 horas, (hora galega), en Riverside Stadium.
-
Deportivo-Real Oviedo: mércores 6 de agosto, ás 19:00 horas, no Estadio Pepe Barrera.
- Deportivo-Le Havre AC: “LXXX Teresa Herrera”; Sábado 9 Agosto a partires das 20:00 horas.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”

