Depor 4-2 Metalist
Que non era o día idoneo para o torneo, sábeo calquera. A fin de semana con máis festas do ano, cos pobos así, quen ía ir ao Teresa Herrera?…Por poñer un exemplo, en Muxía o Mercado das Rutas do Mar, (que segue hoxe), con milleiros de persoas na vila muxiana, e con moitísimos deportivistas, e como este exemplo poderíamos poñer, mínimo, un por concello.
Saeu durmido o equipo deportivista, que luceu a camiseta Atlántica, e pronto se puxo 0-2 o equipo ukaino, con dous goles do es fabrilista Pidlepenets, pero antes do descanso apareceu Quiles, para empatar, e dicir, aquí estou eu.
A volta de vestiarios, de novo Quiles marcaba para culminar a remontada, desta vez de penalti. A segunda metade xa foi un monólogo. Narro fixo o cuarto, e puideron vir moitos máis, ante un equipo que se lle foi a forza na primeira metade, e que amosou que o deles, agora mesmo, non é o fútbol.
Depor : Mackay, Antoñito (Trilli, min. 76), Lapeña (Borja Granero, min. 76), Jaime, Retu (Víctor Narro, min. 31), Isi Gómez (Jairo, min. 79), Álex Bergantiños, Quiles (Yeremay Hernández, min. 79), Mario Soriano, Rubén Díez e Santamaría.
FC Metalist Kharkiv: Rybka, Romaniuk, Mizuk (Avramenko, min. 46), Porokh (Fedoriv, min. 46), Kaplienko (Shopin, min. 81), Panasenko (Knysh, min. 62), Raliuchenko, Tankovsky (Kaidalov, min. 81), Pidlepenets (Pambou-Loembet, min. 62), Bagachansky (Riazantsev, min. 46) e Kartushov (Chidomere, min. 81).
Goles: 0-1 Pidlepenets (min. 13); 0-2 Pidlepenets (min. 20); 1-2 Quiles (min. 40); 2-2 Quiles (min. 45+1); 3-2 Quiles, de penalti (min. 57); 4-2 Víctor Narro (min. 64).
Árbitro: Daniel Pastoriza Iglesias (c. galego). Cartón amarelo a Quiles (min. 42).
Incidencias:Apartido correspondente ao LXXVII Trofeo Teresa Herrera disputado no Estadio de Riazor ante 5.175 espectadores. Alberto Quiles recibiu o Trofeo Estrella Galicia ao mellor xogador do partido.
O ENCONTRO
-Texto : piratasdemuxia
-Foto e vídeos : RC Deportivo