O DEPOR LEVOUSE MERECIDAMENTE O “LXXIV TROFEO TERESA HERRERA” ANTE O BETIS

 

Depor 1-0 Betis

Non defraudou o Depor aos preto de 15 mil afeccionados que se pasaron por Riazor a pesares de haber festas por toda Galicia o que quita afluencia, tanto para este encontro como para os primeiros de liga.

Dominou por completo a un Betis que non amosou moita cousa e gañou con merecemento e merecendo algún gol máis polas múltiples ocasións, de Caballo, que fixo un gran encontro, Koné, Borja Galán, Borja Valle, ou Aketxe que foi elixido o mellor xogador do trofeo.

Tampouco desentonaron os rapaces do Fabril, que unha vez máis amosaron que están aí para o que José Antonio Anquela precise.

Depor : Dani Giménez, Bóveda (David Simón, min. 64), Lampropoulos (Mujaid, min. 78), Somma (Bourdal, min. 78), Diego Caballo (Luis Ruiz, min. 64), Álex Bergantiños (Gandoy, min. 63), Gaku (David Sánchez, min. 63), Borja Galán (Valín, min. 78), Aketxe (Vicente Gómez, min. 63), Borja Valle (Javi Sánchez, min. 78) e Koné (Christian Santos, min. 63).

Gol : Eneko Bóveda, (63´)

Árbitro: Javier Iglesias Villanueva (c. galego). Cartón amarelo a Pedraza (min. 87).

Incidencias: Partido correspondente ao LXXIV Trofeo Teresa Herrera de fútbol masculino disputado no Estadio de Riazor ante 14.875 espectadores. Ager Aketxe, do RC Deportivo, recibíu o trofeo ao Xogador Estrella Galicia do torneo. Derradeiro test de pretempada para o Depor que recibe o vindeiro Domingo ao Real Oviedo no primeiro encontro da liga de 2ª División 2019/20.

 

 

 

Deportivo Feminino 1-5 Granadilla

Non entrou ben o encontro o Deportivo Feminino e veu como aos 25 mintos de xogo xa perdía por 0-3. Un resultado moi difícil de levantar. A hora de xogo Alba Merino facía o 1-3, e na ansiedade por ir a polo segund que as puxera de cheo no encontro chegaron dous goles das invitadas o trofeo que fixeron que as deportivistas xa baixasen os brazos.

Deportivo ABANCA: Sullastres (Misa, min. 46), Cris, María Méndez, Villegas, Patri Díaz (Teresa Abelleira, min. 46), Yamamoto (Kika, min. 62), Iris, Michelle Romero (Peke, min. 62), Alba Merino (Érika, min. 70), Athenea (Patri López, min. 70) e Gaby (Alba Suárez, min. 70).

UD Granadilla Tenerife: Aline Reis, Aleksandra (Cindy García, min. 46), Jujuba (Natalia, min. 46), Patri Gavira, Pisco, Eva Llamas, Raissa, Koko (Martín-Prieto, min. 46), Silvia Doblado, Joyce Borini (Tata, min. 46) e María José (Ana González, min. 68).

Goles: 0-1 María José (min. 17); 0-2 María José (min. 22); 0-3 Raissa (min. 25); 1-3 Alba Merino (min. 61); 1-4 Tata (min. 72); 1-5 Silvia Doblado (min. 74).

Árbitra: Beatriz Cuesta Arribas (c. galego). Cartón amarelo a Alba Merino (min. 21).

Incidencias: Partido correspondente ao VII Trofeo Teresa Herrera de fútbol feminino disputado no Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR. María José, do UD Granadilla Tenerife, recibiu o trofeo á Xogadora Estrella Galicia do torneo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es