Depor 1-0 CD Lugo
O Depor levouse o “Trofeo Concello de Vilalba” tras superar ao Lugo na terceira pachanga de pretempada. Os nosos arrancaron con intensidade, dominando o balón e xerando as primeiras chegadas de certo perigo, pero co paso dos minutos o ritmo do partido baixou e o duelo entrou nunha fase máis igualada e con escasas oportunidades, e sentíndose mellor os lugueses.
A diferenza chegou pouco antes do descanso, e púxoa un home chamado a moito na vindeira tempada. Pierre-Emerick Aubameyang sacou o látigo e estreou a súa conta goleadora cunha acción marca da casa, unha carreira ao espazo culminada cunha vaselina de gran calidade para superar ao porteiro lucense.
Na segunda metade o Dépor foi mellor e viveu en campo contrario cáseque todo o tempo e mantendo o control sen excesivos sobresaltos, mentres o Lugo apenas conseguiu poñer a proba á defensa deportivista.
Os de Antonio Hidalgo incluso rozaron o segundo tanto nos minutos finais, aínda que un gol en propia porta foi anulado, e noutra xogada Noubi mandaba un testarazo, a saida dun saque de curruncho efectuado por Quagliatta, a cepa do pau.
En definitiva, un amigable útil para seguir collendo ritmo de competición e no que Aubameyang deixou a súa primeira gran carta de presentación coa camisola deportivista.
O detalle : Nos tres encontro que leva xogado o equipo deportivista tan só recibeu un disparo a porta, foi ante o Oviedo cun lanzamento escorado que bateu na parte superior do longueiro.
Depor : Álvaro Ferllo; Samu, Comas, Dani Barcia, Xabi Campos; Luismi, Teun Gijselhart, Diego Villares, Guerrero, Aubameyang e Chouri.
Entraron na segunda metade: Leo Román, Ximo Navarro, Charlie Patiño, Nsongo Bil, Lucas Noubi, Quagliata, Riki, Mario Soriano, Amatucci, Kevin Sánchez y Quique Teijo.
Gol: 1-0, Aubameyang (44´).
Árbitra: María Eugenia Gil Soriano (comité galego). Amonestou a Aubameyang e Samu Fernández polo Depor e a Chiqui polo Lugo.
Incidencias : En contro xogado no “A Magdalena” feudo do Racing Vilalbés, no que se xogou o “I Trofeo Concello de Vilalba”. A ovación da tarde levouna o samarugués Diego Villares cando foi sustituido pasada a hora de xogo. Máis de 2000 afeccionados na sua maioría deportivistas no campo vilalbés. Nos prolegómenos do encontro houbo quedada da afección deportivista na Praza da Constitución, no Bar Pravia. Orgañizada polas peñas Deportivitas de Vilalba, Terra Chá Branquiazul e Bebel de Guitiríz.
–
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : Toni Vilar/Os Piratas de Muxía
–
