O DEPOR LÉVASE O “TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA”, (E OUTRAS NOVAS BREVES)

 

O Depor levouse o “Trofeo Cidade de Pontevedra” ao derrotar o CD Tenerife por 2-1 e empatar co Pontevedra CF a ceros, (0-0). Istes encontros non valen máis ca para ir sumando minutos de adestramento de cara o inicio de liga en 18 días.

No primeiro encontro do Depor foi o CD Tenerife o que se amosou cun ritmo maior e tras obrigar a Koke Vegas a facer un paradón, conseguían meterse por diante cun testarazo no que fallou Eneko Bóveda na cobertura. Non se descompuxo o equipo branquiazul a pesares de que os tinerfeños estaban a apretar e conseguiron empatar tras un pase longo diagonal de Gaku que recibía Borja Galán no extremo esquerdo, e tras canear a defensa era caneado. Penalti craro e Aketxe facía gol, axustado o pau esquerdo de Ortolá, que se tirou moi ben e a piques estivo de tocar. O gol da vitoria chegaría tras unha excelente internada por banda dereita de Bóveda que centraba de maneira maxistral para que Borja Galán non tivese máis ca empurrala de testarazo pegado o pau. Foi un encontro bastante bronco, en especial por parte dos insulares. Moi ben o Depor na presión e atrás.

No segundo encontro o Pontevedra quixo agradar pero o Depor sacoulle o balón e foise facendo dono total dél, ata que o cuarto de hora chegou o ronsel de trocos e durante uns minutos as cousas igualáronse. Tivo moi boas ocasións o equipo branquiazul para facer gol, pero o punto de mira estivo cambiado e non chegou a materializarse. Os pontevedreses tamén tiveron unha moi boa que desbaratou Cobos. Moi ben os rapaces do Fabril que desenrolaron boas xogadas e amosaron estar aí para o que se precise. Mujaid que xogou completo ante o Tenerife e media hora ante o Pontevedra, amósase como o posible cuarto central para o primeiro equipo.

O final empate e o trofeo para o Depor cunha vitoria e un empate.

Detalles : O rematar o encontro un grupiño de deportivistas estiveron departindo con Ortolá, ata fai un mes segundo meta deportivista, e noutro grupo varios tinerfeños estiveron falando nun grupo con Gaku Shibasaki, ex xogador dos insulares. Ambos agora defenden bandeiras distintas, pero na mesma liga, polo que han de verse máis veces…Pouco púbrico en “Pasarón”, pero moito deportivista. Mención especial aos amigos da peña deportivista “Perla de Arousa”, que non fallan nunca.

 

Depor 2-1 Tenerife

Koke Vegas; Bóveda, Lampropoulos, Mujaid, Caballo; Bergantiños, Gaku, Vicente; Aketxe, Koné, Galán.

Goles: 0-1, min.11: Naranjo. 1-1, min.22: Aketxe. 1-2, min.39: Galán.

Pontevedra 0-0 Depor 

Cobo; Bóveda, Lampropoulos, Mujaid, Caballo; Bergantiños, Gaku, Vicente; Aketxe, Koné, Galán. También jugaron: Valín, Somma, Bourdal, Vilá, Gandoy, David Sánchez, Pedro, Borja Valle, Somma, Valentín y Javi Sánchez.

 

TODA A PRETEMPADA DO DEPOR

Mércores 24 de xullo : Depor 2-0 Fabril, (Crístian Santos e Mujaid)

Sábado 27 de xullo : 19:00 horas, (17:00 GMT) : “Cantarrana”, (Viveiro), Depor 1-1 Racing de Ferrol, (Borja Valle)

Mércores 31 de xullo : “Pasarón”, (Pontevedra) : Deportivo 2-1 Tenerife; Pontevedra 0-0 Depor

Sábado 3 de agosto : “A Magdalena”, (Vilalba), Depor-SD Ponferradina

Mércores 7 Agosto : “XX Trofeo Ramón Losada”, Campo “La Veigona”, (Luarca-Asturias), 19:00 horas : Depor-Unionistas, (Salamanca).
Sábado 10 de agosto : “Estadio de Riazor”, 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Real Betis.

 

Xa sabes que na canle de Youtube do clube, (rcdeportivo), podes ver os encontros en direto do equipo e logo en diferido, tamén nos nosos “Vídeos Recomendados”, así coma tódoloos que colga o RC Deportivo.

GOLEADORES DA PRETEMPADA

Crístian Santos : 1

Mujaid : 1

Borja Valle : 1

Aketxe : 1

Borja Galán : 1

 

GOLES RECIBIDOS

Koke Vegas : 2

 

OUTRAS NOVAS

Novo encontro de preparación

Como podedes ver no organigrama da pretempada o Deportivo pechou un encontro amigable máis, será en Luarca ante o Unionistas de Salamanca o día 7 de Agosto a partires das 19:00 horas e valerá para darlle importnaza ao “XX Trofeo Ramón Losada”.

Peru Nolaskoain prefire o Depor

Que esteña Eneko Bóveda no Depor foi un “handicap” para Aketxe e él mesmo o dixo na sua presentación, outra perla do Atlhetic Club de Bilbao que non ten sitio no primeiro equipo, Peru Nolaskoain xa manifestou que él quer vir o Depor. Falta o acordo antre clubes, que é o principal, pero o central que pode xogar tamén de medio defensivo, xa deu a sua palabra. Equipos coma o Zaragoza apostaban por facerse cos seus servizos, pero parece que está moi preto de chegar a Coruña.

-Foto de rcdeportivo.es-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es