Trofeo Emma Cuervo
Cuarto gol de Chouri.
Deportivo 2-1 Real Oviedo
Partido de preparación antes do comezo da liga (17 de agosto), con cheo absoluto no Pedro Barrera de Ribadeo, con moita afección de ambos equipos e ambiente festivo.
Máis fútbol na primeira metade
O Dépor comezou mellor, incisivo e presionando alto, sacando dous córners nos primeiros cinco minutos. Aínda así, o Oviedo estivo preto de marcar tras un erro defensivo dos deportivistas que deixou descolocado a Parreño. No minuto 8, Gragera marcou de cabeza tras unha falta lateral, pero o gol foi anulado por un fóra de xogo dubidoso.
O Deportivo dominaba e protagonizou unha gran xogada por banda esquerda, Yeremay centrou ao segundo pau e por pouco non marcaron Chouri e Mella. No 17, Yeremay intentou sorprender ao gardameta oviedista desde o medio do campo, pero o balón marchou fóra pola esquerda.
O encontro igualouse a partir dese momento. O Oviedo tivo unha boa ocasión cun disparo escorado desde a frontal da área. No minuto 25, Villares estivo a piques de marcar de cabeza nun córner. A partir de aí, o equipo astur colleu o control e afundiu o Deportivo no seu campo, que só saía á contra tras roubo.
Segunda metade deslabazada
Comezou cun carrusel de trocos en ambos equipos. O Oviedo adiantouse cunha gran xogada de Cazorla, que centrou ao segundo pau, e tras un remate ao poste, o rexeite caeu en Fede Viñas, que marcou, (51´).
O Dépor que se estaba vendo superado e non topaba os pase antre xogadores topouse co gol aos dous minutos. Patiño roubou no medio, pasou a Chacón, que entrou no área polo lateral esquedo do ataque centrou e Chouri remataba. O porteiro detivo, pero o asistente sinalou que o balón entrara por completo, (53´).
No minuto 59, Yeremay pediu o cambio e producíronse novos trocos un minuto despois : entraron Soriano, Bouldini, Rubén López e Cristian Herrera. E ao pouco, chegou a remontada, erro do Oviedo na saída, Soriano revolveuse na área e cedeu a Patiño, que cun potente disparo centrado fixo o 2-1.
A partir de aí, o partido volveuse bronco, con dúas tanganas que acabaron con tres cartóns amarelos (un para o Oviedo na primeira, un por equipo, na segunda).
Tramo final dun Oviedo a procura do empate
O Oviedo estivo preto de empatar no 80 cunha xogada rápida pola dereita, pero o balón cruzou toda a área sen atopar rematador. O Dépor deu entrada aos xuvenís Damian Canedo e Pablo García, (este último debutaba), que entraron nos minutos finais. A presión final do Oviedo foi intensa, pero o Deportivo resistiu e mesmo tivo dúas ocasións máis nos pés de Cristian Herrera, tras roubo e contraataque.
No treito final, Noubi despexou con autoridade, saltando máis ca ninguén, unha falta colgada por Cazorla e iniciou unha contra que puido sentenciar o partido.
11º Trofeo Emma Cuervo para o Dépor
Un total de 19 participacións leva o Depor no trofeo Emma Cuervo das 1ue gañou 11. A última vez que o gañara foi tamén ante o Oviedo, en 2016 (2-0).
Helton Leite viaxa a Brasil
O porteiro Helton Leite viaxa a Brasil para fichar polo Fortaleza. O Deportivo confirmou a sua baixa tras pagar a clausula de rescisión, 1 millón de euros : “Helton Leite deixa de ser xogador do Deportivo ao pagar a Fortaleza SC a súa cláusula de rescisión O Club quere agradecerlle o seu traballo e profesionalidade durante a súa etapa na Coruña á vez que lle desexa moita sorte na súa nova etapa profesional”, comunica o clube.
-PRETEMPADA DEPOR 2025/26-
Deportivo 3-2 Famalicão (Yeremay (p), Luismi e Herrera)
-
SD Compostela 0-5 Deportivo: Chouri, (2), Bouldini, Rubén López e Crístian Herrera.
-
Ourense CF 0-2 Deportivo: (Chouri e Yeremay).
-
Watford 1-0 Deportivo
-
Middlesbrough 2-2 Deportivo: (Yeremay e Noubi).
-
Deportivo 2-1 Real Oviedo: (Chouri e Patiño).
- Deportivo-Le Havre AC: “LXXX Teresa Herrera”; Sábado 9 Agosto a partires das 20:00 horas. Televisado pola canle de Youtube do RC Deportivo e pola TVG.
Non o lume, carcel de por vida os incendiarios
Noso total apoio a tódolos que están a sufrir por mor dos lumes probocados nos nosos montes e onde queira que sexa. Queimar montes é poñer en perigo a vida de persoas, suas vivendas, operarios contra incendios, e sobre todo matar a nosa natureza milleiros de especímenes na flora e na fauna…Non o lume e carcel de por vida os incendiarios.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
