O DEPOR-LANGREO O “DÍA DA NAI”.

 

Segundo nos informan dende o Real Club Deportivo. o conxunto branquiazul medirase ao UP Langreo con motivo da 5ª e penúltima xornada do Grupo 1D de Segunda División B que enfrontará a ambos os equipos no Estadio de Riazor, o Domingo 2 de Maio a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT), e como acostuma en toda esta atípica tempada, será retransmitido en directo pola TVG 2, así coma para os que sodes de fora de Galicia, pola canle Internacional e a que se pode ver polas plataformas dixitais, así coma pola sua páxina web.

O conxunto branquiazul podería chegar a este encontro xa coa participación na vindeira 2ª B Pro, ou 1ª RFEF, (a ver se se van aclarando de como lle van a chamar), todo en pos o que fagan a vindeira semana o Ferrol e o Numancia. e mesmamente o Langreo, que non está descartado matematicamente e pode pasar de todo. 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo