O DEPOR INICIA LIGA O DOMINGO 18 ÁS 19:00 HORAS, E AS RAPAZAS XOGAN MAÑÁN DOMINGO CONTRA A REAL, TELEVISADO POR GOLTV.

Cámaras en Riazor.

 

Horario da primeira xornada

A RFEF anunciou os horarios para a primeira xornada de liga. O Depor pechará a xornada co eu encontro en Riazor ante o Salamanca o Domingo 18 de Outubro a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT).

Xa sabedes que haberá afección no campo, en torno as 4.000 prazas. Os que primeiro teñen opción de aistir son os “Socios Protectores”, os que decidiron non cobrar a diferenza nos abonos do ano pasado, polo non asistido a Riazor por prohinición pola pandemia. Logo iran rotando o resto de socios ata que poidamos ir todos. Para saber como apuntarse a opción de poder ir o campo entérate AQUÍ.

Donde ver os encontros do Depor

Sodes moitos os que nos consultades sobre onde se poderán ver os encontros do Depor e polo de agora o único que sbemos é que a plataforma Fotters ten unha serie de equipos fichados e dos que televisará os seus encontro. No noso grupo ten ao Salamanca, Unionista, Guijuelo e Zamora, polo que os encontros destes equipos antre eles e os da sua casa televisaranos. Logo temos feito a consulta de se pola galega darán algún encontro e o parecer seguirán co da “Liga das Cidades” onde poñrán algún choque do Depor. Tamén nos comentan de que “o parecer” hai movemento por parte das plataformas fortes de dar os encontros do Depor, dado que somos o 7º equipo máis seguido de España na televisión e as baixas de deportivistas nas plataformas que dan o fútbol profesional foron numerosísimas, polo que “o parecer” se está a negociar, dentro do permitido pola RFEF.

As rapazas mañán ante a Real televisadas

O encontro da segunda xornada de liga que enforntará ao Deportivo Feminino e o Real Sociedad que terá lugar mañán Domingo 11 de Outubro a partires das 12:00 horas, (19:00 GMT), sen púbrico, será televisado por GolTV.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es