Nemanja Tosic, un xogador de gran envergadura,
Tralas chegadas de Diego Fómez, Zakaia Eddahchouri e Denis Genreau, faltaba completar a baixa no lateral esquerdo deixada por Sergio Escudero, operado do cóbado e baixa para o que resta de tempada. Desta volta non houbo que esperar as derradeiras horas dun mercado que pecha hoxe a media noite e dende o Zurich FC anunciaban o acordo para a cesión do serbio, Nemanja Tosic, (Beograd-Serbia 21/04/1997), con opción de compra o rematar esta tempada en curso.
Lateral esquerdo potente de 1.89 m de altura e que destaca polo xogo aereo e que pode xogar tamén como central. Segundo a web especializada transfermart.pe o seu valor de mercado é de 1 millón de euros e o seu tope foi no 2023 cando chegou a estar valorado en 2´7 millóns de euros.
Sempre deron bo rendemento no Depor os xogadores do leste, Stojadinovic, Kanatlaroski, Kiriakov, Jokanovic, Djuckic…
Agora o traballo da dirección deportiva deportivista está nas saidas, a máis que cantada de Davo, e poderían ter cesións, Patiño e Rubñen Rama, este último ata podería rescindir. A noso entender un xogador pouco aproveitado tanto por Idiakez, coma por Gilsanz, xa que de sobras sabemos da calidade que atesoura e na pretempada foi dos mellores.
-Foto : FC Zurich
-Texto : Xosé Búa “Pirata”