Que Riki Rodríguez, (Oviedo 1997) é un desexo do Depor é un grito a voces desde fai meses. Non puido chegarse a sua contratación no verán pero agora Fernando Soriano entrou con todo e consigueu a sua firma como deportivista a partires do 30 de xuño, e agora o parecer , que é o máis lóxico o precisar un xogador das suas características, está presionando para que se incorpore neste mercado de inverno.
Riki capitán do Albacete Balompié amosou o seu desexo por seguir no equipo albaceteño trala presión sen resultado no verán e o propio presidente do equipo español falou de ampliarlle contrato, cousa que non chegou. Riki foi un dos integrantes daquel Albacete que ascendeu en Riazor no Play-Ofa da 3ª División do Fútbol español e está a cuaxar unha excelente campaña, amosando o seu nivel.
Segundo comenta La Voz de Galicia, o Deportivo o parecer faría un esforzo económico para traelo xa, polo que as negociacións serán tensas. O Albacete visita Riazor na primeira semana de Febreiro.
.
-Foto : La Liga Hipermotion
-Texto : Xosé Búa “Pirata”