O DEPOR FICHA A KUKI SALAZAR PROCEDENTE DA PONFERRADINA.

 

Con Lucas Pérez tratando de voltar o Depor, o clube branquiazul cúbrese as costas ca fichaxe de Kuki Salazar, extremo, con pasado de dianteiro no Real Valladolid, no caso de que o de Monelos non consiga voltar neste mercado estival.

Ben e certo que estamos en total desacordo co adestrador na sua opinión de que temos “unha plantilla curta”, pois creemos que calqueira dos canteiráns que xogaron o ano pasado, e os que fixeron a pretempada, son totalmente válidos para xogar no primeiro equipo con asiduidade. Todo está en darlles a confianza coma se fosen un máis da plantilla do primeiro equipo.

Kuki Salazar

José Luis Zalazar Martínez, máis coñecido como Kuki Zalazar, (Montevideo, Uruguai, 5 de maio de 1998) converteuse en novo xogador do RC Deportivo para as dúas próximas temporadas.

Fillo do ex centrocampista internacional uruguaio José Luis Zalazar, de longa carreira en España, Kuki formouse integramente no fútbol español, nas canteiras do Albacete Balompié e do Málaga CF.

Con este último club deu o salto ao fútbol profesional na temporada 2016-2017, aínda que non chegou a debutar co primeiro equipo, entón en Primeira División. Kuki foi cedido o curso seguinte ao FC Cartagena, co que disputou 27 encontros en Segunda División B.

Ao verán seguinte, rescindiu contrato co conxunto malacitano e incorporouse ao Real Valladolid. En Pucela xogou tres campañas, alternando o primeiro equipo e o filial. Co senior disputou 7 partidos, 2 deles en Primera División e os outros 5 en Copa do Rei (nos que anotou 2 goles). O pasado verán, Kuki Zalazar asinou pola SD Ponferradina, equipo co que sumou 28 encontros (incluídos os 2 primeiros da presente temporada) en Segunda División.

O novo dianteiro deportivista, alcanzou a internacionalidade coas seleccións españolas sub-16 (4 partidos e 1 gol) e sub-17 (17 encontros e 6 goles). Con esta última participou na fase final da Eurocopa da categoría en 2015, alcanzando os cuartos de final cun cadro no que tamén formaban Dani Olmo, Óscar Rodríguez, Marc Cucurella ou Carles Aleñá.

Kuki Zalazar xogou até o día de hoxe 2 partidos en Primeira División, 28 en Segunda e 107 (nos que marcou 21 goles) en Segunda B. Tamén acumula 10 choques e 3 tantos en Copa do Rei e 3 encontros en playoff de ascenso a Segunda.

Zalazar poñerase ao dispor de Borja Jiménez xa para o adestramento desta tarde ás 17:00 h. en Abegondo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es