O Depor Feminino-Oviedo Moderno en direto pola calne de YouTube do club

-DEPORTIVO FEMININO-
O Depor Feminino será o primeiro en ser emitido
cunha pioneira tecnoloxía galega.
 
-O Depor Feminino-Oviedo Moderno en direto pola calne de YouTube do club-
-Será cunha nova tecnoloxia galega-

Segundo nos informan dende o RC Deportivo, este domingo emitirán por primeira vez en probas de emisión real, o partido que pecha a temporada regular da Segunda División Nacional Feminina, o partidazo do ano na categoría en Abegondo: Dépor Abanca-Real Oviedo Feminino. O choque poderá seguirse desde as 12:00 horas na canle de YouTube do club pinchando AQUÍ grazas á instalación no campo principal da Cidade Deportiva de Abegondo dun sistema de produción automática de televisión desenvolvido pola empresa coruñesa Cinfo e ao que o Deportivo accede grazas á colaboración coa empresa galega de telecomunicacións R…Segue se abres a nova ao completo.

A produción audiovisual automática permite, grazas á Intelixencia Artificial, emitir e gravar calquera evento deportivo en tempo real, de forma automática e sen intervención humana, con pequenas cámaras conectadas a internet que se encargan de seguir o evento. O sistema envía o vídeo máster á nube, transfórmao incluíndo diversas funcionalidades e finalmente o recodifica para o tipo de emisión que se desexe.

As cámaras funcionan cun software desenvolvido por Cinfo que permite facer un seguimento automático do balón. A cámara sabe onde está a acción e cando achegarse á xogada ou ofrecer un plano máis amplo. O algoritmo tarda menos de 0,10 segundos en tomar decisións, de forma que non hai atraso perceptible debido ao recoñecemento de contexto, todo de maneira automática sen necesidade de intervención humana.

-Unha nova xentileza de rcdeportivo-

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-


-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-