O DEPOR FEMININO FAISE CA SUA “IV COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA”

 

Victoria CF 0-6 Deportivo Feminino

Non lle fixo moito ao Deportivo Feminino para poñerse por diante na final das “Eiroas” e aos 2 minutos de xogo Peke aproveitaba un balón morto no área para facer o primeiro da tarde, nun campo o carballés con moi boa entrada. Tras duas boas o casións de Maya Yamamoto e a propia Peke, chegaba o segundo por parte de María Méndez aos 35 minutos de xogo. Así se chegou ao descanso ante un Victoria que loitaba tódolos balóns. A sentenza chegou con 10 minutos de xogo gastados da segunda metade. Carlota cun bo disparo dende a semilúa facía o terceiro para as branquiazuis. Non baixaron os brazos as rivais e seguiron tentando facer un gol que lles dera maior confianza, ata chegar o minuto 90 no que un tanto de María Méndez a saida dun saque de curruncho, facía que baixasen os brazos e aí o Deportivo Feminino non perdonou e Nuria xusto tralo cuarto, facía o quinto da tarde o aproveitar un erro na saida do balón das “victorianas”. A cousa non se quedou aí e pouco depsois Nuría asistía a Bita dende banda esquerda para facer o sexto, ante un rival que non mereceu tanto castigo pero a diferenza de calidade marcou o encontro.

 

Victoria CF :

Deportivo Feminino : Miralles; Cris, Sara, Laura, Noelia; M.Méndez; Sofía, Maya; Carlota; Peke e Athenea. Tamén xogaron : Iris Michelle Romero e Bita.

Goles : 0-1, Peke, (2´); 0-2, María Méndez, (35´); 0-3, Carlota, (55´); 0-4, María Méndez, (90´); 0-5, Bita, (90´); 0-6, Bita, (desconto).

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es