O DEPOR EN TUDELA SOUBO SER UN EQUIPO DA CATEGORÍA, SOUBO BAIXAR O BARRO.

 

O comentario máis escoitado desde que o colexiado pitou o final do encontro no minuto 99, tras sinalar 8 minutos e polas perdas de tempo deportivistas aumentar un máis, o comentario xeral era que este mesmo encontro o pasado ano perdíamolo.

Os de Borja Jiménez, equipo diseñado para ter o dominio de balón, non o tivo, como tamén él avisou en pretempada : “Teremos encontros que non sairán as cousas e haberá que sufrir”. Nin de lonxe se pareceu a posta en escea ante o Vigo B, neste encontro houbo que baixar o barro e loitar ata o final.

O Depor foio un equipo solidario, que saeu a presionar a saida do balón e no que todos traballaron, dende Ian Mackay, co seu temple o sacar o balón e ca sua “enorme” parada, máis característica dun vídeo xogo.

O equipo correu e defendeu dende a cabeza do ataque ata a retaguardia, e os suplentes que sairon fixérono enchufados o que estaba a pasar no terreo de xogo, ante un CD Tudela que xa fixo suar o Racing de Santander e que fixo sudar os branquiazuis, vendendo cara a derrota, que chegou gracias a unha xogada ensaida na que o central Lapeña, amosou que o dos goles non vai a ser cousa dun par deles, como a tempada pasada.

Os puntos vanse a vender moi caros, pois nesta liga son moitos os equipos que loitarán por esa preciada primeira praza que da acceso direto a 2º División. Outros tentarán poñerse antre os 4 que xogarán o “Play-Off”, e de seguro os máis perigosos, os que loitarán por evadir as 5 prazas de descenso dierto a 2ª RFEF..

Para rematar o troco do que é o noso equipo, o terminar, 7 horas de bus ata a Coruña, para hoxe volver a adestrar e preparar o encontro do vindeiro sábado a partires das 17:00 horas, (15:GMT), no “La Planilla” ante o CD Calahorra.

Para este encontro o clube rioxano dispúxolle ao RC Deportivo de 400 entradas que se porán hoxe a venda, a un preso de 15 euros, e coa salvedade de que só se poderán coller 2 por persoa, coa conseguinte identificación vía DNI.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia