Coruxo 0-0 Depor
Trocou todo o equipo agás duas pezas Imanol Idiakez con respecto o Teresa Herrera. O equipo branquiazul controlou o choque de cabo a rabo pero con moi pouca profundidade. Na primiera metade no derradeiro cuarto unha xogada con balón a Barbero no punto de penalti que deixa franco para Kuki Zalara, pero este estrela o balón contra un defensa que se vai o ras de céspede.
Na segunda metade todo cambiou ca entrada de Lucas, Yeremai, e Davo, pasada a hora de xogo. Máis profundidade pero sen apenas remate, agás unha internada por banda dereita de Lucas que deixa atrás a Ochoa pero este manda o balón a cruceta.
O Coruxo moi voluntarioso e deixando o pé máis dunha vez. Un desaxuste defensivo deportivista puido acabar en gol, pero moi atento Pablo Martínez, (que parece que vai a hererdar o 4 de Bergantiños), cortou a única ocasión local.
Partido de adestramento, un máis, e ca mesma importancia ca os anteriores ainda que se gañasen. Ir collendo minutos para o comezo da liga dentro de 3 semanas en Riazor ante o Rayo Majadahonda, sábado 26 de Agosto ás 19:30 horas, (17:30 GMT).
Coruxo FC: Andrii Chekotun (Alberto, min. 69), Mario García (Bugarín, min. 69), Borja Marchante (Stasi, min. 81), Andriu, Naveira, Barrera (Pitu, min. 20), Guido (Temperán, min. 81), Johan (Pereiro, min. 69), Mateo (Vázquez, min. 69), David Añón (Insua, min. 69) e Aritz Pascual (Teles, min. 69).
Depor: Mackay, Álvaro Santamaría (Paris Adot, min. 76), Jaime (Pablo Martínez, min. 62), Dani Barcia (Somolinos, min. 86), Retu (Balenziaga, min. 76), Isi Gómez (Brais Val, min. 86), Jose Ángel (Jairo, min. 62), Tim Caroutas (Yeremay, min. 62), Kuki Zalazar (Ochoa, min. 76), Víctor Narro (Davo, min. 62) e Barbero (Lucas, min. 62).
Árbitro: Pastoriza Iglesias (c. galego). Cartón amarelo a Retu (min. 21) e Johan (min. 44).
Incidencias: terceiro partido da DeporXira Auga de Parada disputado no campo do Vao (Vigo).
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”