O DEPOR EMPATA NO PRIMEIRO ENCONTRO DA XIRA PORTUGUESA NUN CHOQUE ACCIDENTADO E SIGUE SEN PERDER DENDE O 14 DE XANEIRO.

 

Familiçao 2-2 Depor

O Depor igualou un 2-0 en contra ante un Primeira Portuguesa, nun choque no que sempre levou o xogo e que se lle complicou o comezo de cada parte pois aos 2 minuttos de xogo unha perda de balón supoñía ó 1-0. Dominou e tivo ocasións como para empatar, pero tamén para irse con 2-0 o descanso, por perdoar. Lucas reclamou unha pena mñaxima xusto tralo gool.

Na segunda metade volveu o equipo deportivista a ir a polo portugués, que viveu todo encontro defendendo e buscando contras e algún roubo, e así chegou o segundo, outro erro e plantáronse no área e Parreño facía penalti. Non se veu abaixo o equipo e acurtaba distanzas cun golazo de vaselina por parte de Barbero. Seguírno tentando e tras boa xogada de Yeremay, este asistía para que Lucas acadase o empate. Houbo ocasións como para levarse o encontro pero fallou puntería na finalización.

Yeremay foi o xogador máis destacado do choque tal e como apuntaban dende a emisora Golo FM, que trasmiteu o choque en direto e quedaron abraiados co canteirán canario do Depor.

Decíamos que o encontro estivo accidentado porque un técnico do Depor sufreu unha indisposición polo que tivo que ser trasladado a un centro hospitalario, (o cal lle desexamos que non sexa  máis ca un susto),  e no campo varios afeccionados deportivistas sufriron o ataque de velutinas, polo que tiveron que ser atendidos polos médicos do Depor e ademáis o clube portugués permiteulles irse a grada dos locais, tal como apuntaron dende Golo FM.

Deportivo: Germán Parreño, Ximo Navarro (Petxarromán, min. 57), Pablo Vázquez (Jaime, min. 70), Pablo Martínez, Escudero (Iano, min. 57), Jose Ángel (Villares, min. 57), Rubén López (Barbero, min. 57), Hugo Rama, Luis Chacón (Davo, min. 70), Yeremay y Lucas

Árbitro: João Pinheiro de Portugal.

Goles: 1-0 Óscar Aranda (min. 2); 2-0 Óscar Aranda (min. 54); 2-1 Barbero (min. 61); 2-2 Lucas (min. 75)

Hoxe novo encontro no que Idiakez de seguro que botará de inmcio aos que menos cogaron e aos que non participaron.

Mércores 31 de xullo
19:30 (hora local, 20:30 hora galega): Gil Vicente – Deportivo, no Estádio Cidade de Barcelos (📺YouTube RC Deportivo)

Sábado 3 de agosto
18:00 (hora local, 19:00 hora galega): GD Chaves – Deportivo (IV Troféu Emílio Macedo), no Estadio Municipal de Chaves (📺YouTube RC Deportivo).

-Foto : RC Deportivo

-texto : Xosé Búa “Pirata”