O DEPOR EMPATA CO GIL VICENTE NUN ENCONTRO PARA LUCIMENTO DOS MÁIS NOVOS, (0-0).

Once incial do Depor en Barcelos.

 

Gil Vicente 0-0 Depor

Era de esperar que houbese moitos trocos con respecto o encontro do día anterior ante o Familiçao, para non cargar de masiado aos xogadores e así foi. Idiakez propuxo un equipo con Eric Puerto na porta, Simao pola esquerda, Barcia e Jaime de centrais e o xovencísimo Pablo García pola dereita con Villares e Petxarroman no medio, Soriano de director de orquestra e con Davo e Kevin Sánchez de interiores e barbero en punta.

En fronte un equipo que sobre o papel tiña que ser forte e que tiña máis rodaxe cos deportivistas, pero as cousas as veces non son o que parece sobre o papel e os deportivistas con moita intensidade e buscando sempre a porta contraria foron donos do xogo e puideron marcar por medio de Davo. Dos lusos o máis destacado foi unha perda de balón moi comprometida dos deportivistas que non acabou en nada pero que deu perigo.

Na segunda as cousas seguiron igual, e cos trocos aumentou o perigo por parte deportivista. Kevin Sánchez e Martín Ochoa, (que entrou por Barbero), puidero adiantar os nosos, pero o gol non chegou. O Gil Vicente gozou dunha oa ocasión que desbaratou Eric Puerto.

Nos minutos finais o cloexiado do encontro non quixo que os seus compatriotas pasaran apuros e anulou unha entrada en área de Villares con moito perigo, e non quixo pitar unha falta clarísima sobre o de Samarugo a pouco da área.

Idiakez dulle descanso a Lucas e Yeremay.

Deportivo: Eric Puerto, Pablo García (Ximo Navarro, min. 71), Jaime (Pablo Vázquez, min. 71), Dani Barcia, Iano (Escudero, min. 71), Petxarromán (Jose Ángel, min. 46 e Rubén López, min. 71), Villares, Mario Soriano (Berto Cayarga, min. 62), Davo (Hugo Rama, min. 82), Kevin Sánchez (Luis Chacón, min. 62) e Barbero (Martín Ochoa, min. 62).

Árbitro: Rui Lima, de Portugal.

 

-Proximo encontro-

o Depor pecha a xira portuguesa o vindeiro sábado 3 de agosto co encontro ante o Chaves da 2ª Portuguesa nun choque a partires das18:00 (hora local, 19:00 hora galega/17:00 GMT), no que estará en disputa o “IV Troféu Emílio Macedo”, no Estadio Municipal de Chaves, televisado pola cnale de YouTube do RC Deportivo).

 

-Pretempada deportivista 2024/25-

Ourense CF 0-4 Depor

Pontevedra 0-2 Depor

Famaliçao 2-2 Depor

Gil Vicente 0-0 Depor

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : RC Deportivo