O DEPOR EMPATA A CEROS CO REAL MADRID CASTILLA NUN ENCONTRO CUNHA PARTE PARA CADA EQUIPO…O FEMININO VENCE EN PORTUGAL.

Once inicial do Depor en Viveiro.

 

Depor 0-0 Real Madrid Castilla

Faltoulle a finura de cara a gol ao Depor, en contra do que amosou contra a Ponferradina.

Foi superior nos primeiros 45 minutos, amosando de novo un alto ritmo. Narro, Quiles, Lapeña e Mella, tiveron as máis claras. A máis clara dos madrileños foi un mal despexe de Retu, que fixo que Mackay se tivese que lucir.

Na segunda metade foron os da capital do estado os que dominaron e os que dispuxeron das mellores ocasións.

Como se trataba dun trofeo, houbo que ir os penaltis, e aí os deportivistas, Jaime e Marcel erraron, namentras que os madridistas só erraron nunha ocasión.

Deportivo: Mackay (Pablo Brea, min. 82), Antoñito (Jaime, min. 46), Lapeña, Álex Bergantiños, Retu (Raúl Carnero, min. 46) (Marcel, min. 70), Isi Gómez (Yeremay, min. 74), Diego Villares, Víctor Narro (Santamaría, min. 46), Mario Soriano (Jairo, min. 82), Mella (Rubén Díez, min. 46) e Quiles (Tim Caroutas, min. 82).

Real Madrid Castilla: Lucas Cañizares (Mario de Luis, min. 62), Tobias (Álex Jiménez, min. 46), Rafa Marín, Pablo Ramón, Alcázar (Obrador, min. 62), Theo Zidane (Villar, min. 46), Mario Martín (Dotor, min. 46), Peter (Gonzalo, min. 74), Bruno (Arribas, min. 46), Leiva (Noel, min. 62) e Álvaro Rodríguez (Manuel Ángel, min. 62).

Quenda de penaltis: Jaime (para Mario de Luis, 0-0); Rafa Marín (0-1); Diego Villares (1-1); Noel (1-2); Santamaría (2-2); Villar (ao traveseiro, 2-2); Rubén Díez (3-2); Dotor (3-3); Yeremay (4-3); Arribas (4-4); Tim Caroutas (5-4); Pablo Ramón (5-5); Marcel (para Mario de Luis, 5-5); Álex Jiménez (5-6).

Árbitro: Figueiredo Comesaña (Comité Galego). Cartón amarelo a Mario Martín (min. 30), Villar (min. 72) e Jaime (min. 77).

Incidencias: cuarto partido amigable da pretemporada 2022-2023 Dépor Xira Integral Motion disputado no Campo de Cantarrana ante uns 2.000 espectadores, con motivo do Memorial Luis de Carlos.

 

O Detalle : Noel saltou na segunda metade cos madridistas e recibeu silvidos. A sua participación pasou desapercibida.

Raul Carnero lesionado : O deportivista Raúl Carnero tivo que abandoar o terreo de xogo con problemas nun adutor. Será sometido a probas médicas en breve.

 

Once inicial das féminas en terras portuguesas.

 

As rapazas vencen en Portugal

O Deportivo ABANCA proclamouse campión do Trofeo Cidade de Gaia ao imporse (2-4) ao Valadares Gaia FC, da Primeira División lusa, no primeiro test desta pretemporada.

Desta maneira, o conxunto deportivista devolveu a visita ao equipo portugués porque hai un ano, o Valadares Gaia FC impúxose na Coruña na quenda de penaltis ao branquiazul no Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate sen goles.