O RC Deportivo reforza a súa portería coa chegada de Daniel Bachmann, gardameta austríaco de 30 anos que aterriza na Coruña cedido polo Watford, cunha opción de compra incluída no acordo.
Formado nas categorías inferiores da selección do seu país, Bachmann é internacional absoluto desde 2021, ano no que participou na Eurocopa disputando catro partidos. No total, acumula 14 encontros coa camiseta de Austria.
No Watford, club ao que chegou na tempada 2019-20, converteuse nun dos referentes baixo paus, con 139 encontros oficiais e 45 portarías a cero, a maioría deles na Championship (117) e tamén con experiencia na Premier League (12).
A súa carreira tamén o levou a Escocia, onde defendeu a meta do Kilmarnock en 28 ocasións, repartidas entre liga regular, fase polo título e as copas nacionais. Agora, inicia unha nova etapa no Dépor coa misión de achegar seguridade e experiencia nunha tempada clave para o club.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”