Borja Galán retorna ao clube trala cesión no Alcorcón
O RC Deportivo anúncianos que tal e como xa apuntara Carmelo del Pozo faríase a opción de repesca do ex do Fabril, Borja Galán, tras facer unha boa tempada no UD Alcorcón. A repesca é de balde, tal e como recollía a sua cesión se se facía dentro do tempo establecido para que así fose.
Así nolo contan dende o clube : “O Real Club Deportivo fixo efectiva nas últimas horas a opción de repesca que mantiña sobre Borja Galán. Deste xeito, o centrocampista madrileño que a pasada temporada defendeu as cores da AD Alcorcón, incorporarase ás ordes de Juan Antonio Anquela o vindeiro luns día 15 na Cidade Deportiva de Abegondo”.
Esta semana xuntanza con Rober Pier
Outro ex fabrilista, Rober Pier está a facer en Valencia a primeira parte do seu tratamento de recuperación da grave lesión de xeonllo que tivo no final da liga co Levante. O presidente do equipo levantinista e o seu Director Deportivo dixeron que esta semana trataríase o tema de Rober, o igual que dixo Carmelo del Pozo que esta semana falaría co xogador deportivista que ten un ano máis de contrato e tratarase o seu futuro, pois unha nova cesión non sería viale o quedar un ano de contrato.
Primeiros amistosos da pretempada
O RC Deportivo deu a coñecer os primeiros 4 amigables da prtempada :
Luns 15 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, inicio de adestramentos
Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo-Fabril
Sábado 27 de xullo: Cantarrana (Viveiro), Deportivo-Racing de Ferrol
Mércores 31 de xullo: Pasarón (Pontevedra), Deportivo-Pontevedra CF-CD Tenerife
Sábado 3 de agosto: A Magdalena (Vilalba), Deportivo-SD Ponferradina
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR