Na grada do “Sardinero” houbo máis de 1.500 deportivista.
Os deportivistas laiamonos de seguir na 3ª categoría do fútbol español, todo o mundo dí que non somos clube desta categoría, e cada vez que se enfrontan a nós, máis ainda, e non porque o equipo sexa superior a ninguén, senón polo representa e atrae o noso equipo.
Somos o “choio” da 1ª RFEF , e sómolo para todos en xeral sen paliativos. Somos un “choio” para Footters, que ten no RC Deportivo o maior número de aboados e as retransmisións máis vistas.
Somos o choi dops equipos aos que visitamos, dado que a asistencia máis multitudinaria dos seus socios é contra o Depor e a asistencia con máis público vistantes tamén, repercutíndolle economicamente as suas cidades e as suas arcas. Por poñer exemplos, os 400 que foron a Irún deixaron en taquilla, 8.000 euros. Os 600 que fomos a Salamanca, 12.000 euros, os 1.500 que foron a Santander, 30.000 euros…
Tal é o que arrastra e o choio que representa ter o RC Deportivo nesta categoría, que o próximo rival, o SD Logroñés, invitou publicamente a afección deportivista a ir o “Las Gaunas”, e visitar a cidade, xa coñecida polo deportivismo en tempos da 1ª División, e moi lembrada polo gol de saque de curruncho que lle birlaron a Songo´o, un 13 de Febreiro do 2000, nun testarazo inapleable que Pérez Lasa anulou incriblemente. Un gol legal, que sería o primeiro dun porteiro na máxima categoría do fútbol español, en xogada. Ese día Logroño foi tomado polo deportivismo que enfilaba o primeiro, e único, título de liga do fútbol galego.
Por onde queira que pasa o RC Deportivo e a sua masa social, son un choio, tal é así que en León e Ferrol, non vai a chegar a nada todo canto nos den de entradas, e para eles será un básamo para as arcas, así coma en calquera dos rivais que temos, dado que ademáis dos desprazamentos, o noso clube ten peñas espalladas por toda a xeografía española.
Para mostra un botón, esta semana así foi a asietncia na categoría :
Talavera-Valladolid B : 900 espectadores
Majadahonda-Ferrol : 275
Tudelano-Cultural : 800
Badajoz-Extremadura : 7000
Vigo B-UD Logroñés : 600
SD Logroñés-Bilbao B : 1.100
DUX-Unionistas : 200
Unión Irún-Santander : 1.600
Calahorra-Sanse : 700
TOTAL : 13.175 espectadores
Depor-Zamora : 14.506
A todo esto para os equipos que nos visitan e os seus afeccionados, é todo un choio, xogar, ou ver un encontro nun estadio do nivel de Riazor.
-Foto : RC Deportivo
-texto : piratasdemuxia