O DEPOR DESPÍDESE HOXE DA XIRA PORTUGUESA CO ENCONTRO EN CHAVES TELEVISADO POLA CANLE DEPORTIVISTA.

 

Hoxe acaba en Chaves a xira portuguesa por terras do  norte de Portugal, cas visitas ao Familaçao, (2-29, e o Gil Vicente, 80-0), encontros que acabaron en empate pero que ben puideron acabar da banda deportivista.

Hoxe a partires das 19:00 horas, (hora galega, 17:00 hora GMT), a escadra branquiazul visitará o GD Chaves, equipo que ven de descender a 1ª Portuguesa e que buscará nesta vindeira tempada regresar, para o que fixo 7 fichaxes. O choque será unha festa para os amigos da Peña Deportivista de Verín, a tiro de pedra da localidade lusa, así coma para os numerosos deportivistas que pasan estes días no pais veciño e que xa colleron esta zona para ir aos 3 encontros.

 

GD Chaves-Depor

o Depor pecha a xira portuguesa o vindeiro sábado 3 de agosto co encontro ante o Chaves da 2ª Portuguesa nun choque a partires das18:00 (hora local, 19:00 hora galega/17:00 GMT), no que estará en disputa o “IV Troféu Emílio Macedo”, no Estadio Municipal de Chaves, televisado pola cnale de YouTube do RC Deportivo).

 

-Pretempada deportivista 2024/25-

Ourense CF 0-4 Depor

Pontevedra 0-2 Depor

Famaliçao 2-2 Depor

Gil Vicente 0-0 Depor

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : RC Deportivo