O DEPOR DESPIDE A PRETEMPADA CUNHA VITORIA SOBRE UN BO BERGANTIÑOS, (2-1), CON MACKAY E CANEDO COMO ESTRELAS DO CHOQUE.

 

Depor 2-1 Bergantiños FC

O equipo deportivista gañou posiblemente sobre o mellor equipo que se topou nesta pretempada. O equipo carballés sempre é un duro rival nas pretempadas, e no choque de Arteixo volveu a selo. Só as grandes paradas de Mackay, e Canedo evitaron que houbese máis goles.

Foi de menos a máis, e a menos na primeira metade o equipo de Borja Jiménez, que a pesares de adiantarse por medio de Quiles, a pase de Trilli, (que foi titular e xogou 70 minutos), veu como os de Carballo se lle subiron as barbas, e conseguiron empatar por medio do exdeportivista Boedo, nun gran final da primeira metade, con todo merecemento.

Nada máis comezar a segunda metade, unha internada no lateral esquerdo do área, de Trilli, daba o pase da morte e no segundo pau, Gorka Santamaría, empuxaba o balón o fondo das mallas.

O encontro tornouse moi igualado, e como decíamos, só as boas paradas de ambos porteiros evitaron un resultado con máis goles.

Borja Jiménez, deulle a parcela defensiva a Trilli, Lapeña, Jaime e Raúl Carnero. Volta de ambos laterais, e medio do campo para Olabe e Rubén Díez, por diante deles Soriano, os extremos para Narro e Quiles, e en punta Gorka Santamaría. Tomouse o choque coma un enfrontamento oficial, e tan só trocou a Trilli por Antoñito, e Retuerta por Carnero, no derradeiro treito do encontro.

Depor : Mackay, Trilli (Antoñito, min. 74), Lapeña, Jaime, Raúl Carnero (Retu, min. 80), Olabe, Rubén Díez, Quiles, Soriano, Víctor Narro e Gorka Santamaría

Bergantiños FC: Canedo (Pablo, min. 87), Palomares (Dani, min. 87), Chapu (Tomé, min. 65), Iván (Pedrosa, min. 65), Carlos López, Remeseiro (Meixús, min. 76), Uzal, Boedo (Dieguito, min. 65), Antón, Adri (Iago, min. 87) e Alberto (Sellés, min. 80).

Goles: 1-0 Quiles (min. 16); 1-1 Boedo (min. 44); 2-1 Gorka Santamaría (min. 47)

Árbitro: Fernández Rodríguez (c. Galego). Amoestou a Jaime (min. 43), Uzal (min. 60) e Palomares (min. 86)

Incidencias: Sexto partido amigable da pretemporada do Dépor 2022-2023, da Dépor Xira Integralmotion, disputado en Ponte dos Brozos (Arteixo), que tivo un enorme ambente.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies