Ximo volveu totalmente recuperado.
O Dépor xogou o seu primeiro amigable a porta pechada ante o Famalicão, equipo que viña de gañar por 2-0 ao Celta de Vigo. Os deportivistas co típico partido no que entrarn 11 en cada parte derrotaban o equipo luso da Primeira Liga por 3-2 con goles dos deportivistas, Yeremay, (de penalti), Luismi Cruz e Crístian Herrera. Por parte lusa marcaban Aranda e Abubakar. Esta vindeira semana haberá dous encontros amigables, ca visita do panltel deportivista ao Compostela este mércores para un encontro benéfico e a visita ao Ourense no Memorial Miguel Ángel, trofeo que xa disputou o equipo branquiazul e que lembra o gran porteiro arousán o que alcumaban “O gato”, pola sua axilidade baixo paus a pesares dos seus 1´74 de altura, que brilara no Real Madrid e na Selección Española.
PRETEMPADA DEPOR 2025/26
Deportivo 3-2 Famalicão (Yeremay, (p), Luismi e Herrera)
-
SD Compostela-Deportivo: mércores 23 de xullo, ás 20:30 h, no Estadio Vero Boquete (en directo a través de YouTube do RC Deportivo).
-
Ourense CF-Deportivo: sábado 26 de xullo, ás 20:00 h, no Estadio do Couto (en directo en YouTube do RC Deportivo).
-
Watford-Deportivo: mércores 30 de xullo, ás 20:00 horas (hora galega), en Vicarage Road.
-
Middlesbrough-Deportivo: sábado 2 de agosto, ás 16:00 horas, (hora galega), en Riverside Stadium.
-
Deportivo-Real Oviedo: mércores 6 de agosto, ás 19:00 horas, no Estadio Pepe Barrera.
- Deportivo-!: Teresa Herrera
Antes do comezo da liga, o 17 de agosto, cando o Dépor visitará ao Granada (ás 21:30 h), disputarase tamén o Trofeo Teresa Herrera, aínda sen data nin horario confirmados. O Deportivo xogarao fronte a un equipo europeo de Primeira División, e será a partido único.
Cómpre lembrar que na pasada edición masculina do Teresa Herrera o formato foi cuadrangular, con participación do Deportivo, Leganés, Real Oviedo e Unionistas de Salamanca. O Leganés proclamouse campión tras vencer ao Deportivo na final por 3-1. Desta vez por fallla de datas e o inminente comezo da competición será a encontro único.
-Foto : RC Deportivo
Texto : Xosé Búa “Pirata”