O DEPOR DERROTA A PONFERRADINA NUNHA MOI BOA SEGUNDA METADE, (3-2).

O encontro contou con afeccionados a pesar de ser a porta pechada.

 

SD Ponferradina 2-3 Depor

Adiantouse o equipo ponferradín aos 28 minutos de xogo ao mandar o fondo das mallas defendidas por Pablo Brea, Agus Medina ao cabecear un centro dende a banda. Non tardou en igualar a contenda Quiles, que superaba de vaselina a saida do meta local Amir. Con este resultado chegábase ao descanso.

Saeu mellor o equipo de Ponferrada na segunda metade e adiantábase de novo por medio de Iván Rodríguez. A pesares dese instante foi o Depor o que se fixo co balón e co xogo e comezou a crear ocasión. A remontada non chegou ata o treito final.

O empate chegou nun saque de curruncho que Becerra involuntariamente introducía na sua porta, e tralo saque de centro, recuperación deportivista e Menudo de tiro lonxano, batía o ex deportivista Lucho García, meta dos locais na segunda metade.

Depor : Brea; Víctor, Trigueros, Granero, Aguirre; Álvaro Rey, Rafa de Vicente, Calavera, Doncel; Quiles e Noel. Tamén xogaron: Bergantiños, Mario, Miku, Villares, Héctor, Menudo, William de Camargo, Juergen, Lapeña e Trilli.

Árbitro: Omar Álvarez, (Comité de Castela e León).

Goles: 1-0, (28´): Agus Medina; 1-1, (35´): Quiles; 2-1, (48´): Iván Rodríguez; 2-2, (81´): Becerra (propia porta); 2-3, (82´): Menudo.

Incidencias : Encontro amigable xogado no anexo o Toralín, na mañán do Sábado 15 de Xaneiro. Ainda que o encontro foi a porta pechada contou con numeroso público no terraplén do peche do recinto deportivo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia