Borja Valle lanzando o penalti.
Depor 1-0 Ponferradina
Marcador curto para o visto na “Magdalena”, no encontro de pretempada xa típico do verán de Vilalba. O Depor foi superior a Ponferradina, rival na 2ª División 2019/20, pero non foi quen de materializar as múltiples ocasións que tivo e foi de penalti e con gol do ponferradino Borja Valle como doblegaron os veciños de Ponferrada.
Así nolo contan dende rcdeportivo.es :
Deportivo e SD Ponferradina continuaron cos seus particulares axustes de pretemporada nun entretido partido en Vilalba, curto en goles pero pródigo en ocasións en ambas as áreas.
No arranque o dominio e as chegadas foron da Ponferradina ante un Dépor que aos poucos se foi facendo co control do xogo para chegar por primeira vez con claridade a portería nunha gran parede entre Borja Galán e Vicente que sacou Son baixo paus. Un minuto despois o tiro raso axustado ao pau de Borja Valle foise fóra por centímetros. De novo o berciano ante o equipo da súa cidade, no minuto 23, rematou axustado após unha boa xogada por banda dereita e asistencia de Pedro Sánchez.
Ao fío da media hora, unha falta botada con rosca por Aketxe atopou a cabeza de Somma que rematou alto. A balón parado tivo dúas boas a Ponferradina, nunha falta directa e a remate do consecuente córner que, en ambos os casos, topáronse cun atento e áxil Dani Giménez.
Unha rápida contra de Valle que acabou nun man a man de novo atopouse cun defensa baixo paus, neste caso Russo, para evitar o primeiro gol deportivista. Como puido chegar tamén no 38, pero en portería coruñesa, con disparo cruzado de Isi ao pau dereito de Dani Giménez.
A segunda parte empezou cun ritmo máis baixo por parte de ambos os equipos e dominio deportivista nunha monotonía rota após os primeiros cambios do partido. Un penalti cometido sobre Borja Galán foi transformado polo seu homónimo Valle, enganando ao porteiro e axustando ao pau.
A gran ocasión do segundo tempo tívoa David Sánchez que se atopou cun Gazzaniga rápido de reflexos ante o seu remate.
Cunha falta ben lanzada por Fede Cartabia, que de novo se atopou co porteiro italiano da Deportiva, concluíu o antepenúltimo test de pretemporada do Dépor.
RC Deportivo: Dani Giménez (Koke, min. 60), Eneko Bóveda (Valín, min. 70), Lampropoulos (Bourdal, min. 70), Michele Somma (Mujaid, min. 60), Diego Caballo (Marti Vilà, min. 70), Álex Bergantiños (Gandoy, min. 70), Ager Aketxe (Gerard Valentín, min. 70), Pedro Sánchez (Fede Cartabia, min. 60), Vicente Gómez (David Sánchez, min. 70), Borja Galán (Javi Sánchez, min. 70) e Borja Valle (Pedro, min. 70)
SD Ponferradina: Manu (Gazzaniga, min. 60), Son, Trigueros (Zabaco, min 79), Ríos Reina, Óscar Sielva (Amaozou, min. 79), Nacho Gil (Fullana, min. 45), Isi (Dani Pichín, min. 65), Russo, Bravo (Valcárcel, min. 45) Kase (Bolaños, min. 65) e Yuri (Buenacasa, min. 60. Saúl Crespo, min. 71).
Árbitro: José Antonio Fernández Rodríguez (c. galego), auxiliado nas bandas por Cristian Vázquez e Adrián Estévez. Amoestou a Son (min. 26) e Zabaco (min. 90)
Incidencias: partido amigable, cuarto da pretemporada do Dépor 2019-2020, disputado no Estadio Municipal da Magdalena ante uns 2.000 espectadores.
Xa sabes que abaix da portada da nosa web tes os nosos “Vídeos Recomendados” nos que podes ver en diferido o encontro, así como tódolos vídeos que colga o RC Deportivo, antre eles o das manifestacións de Borja Valle tralo encontro.
BORJA VALLE
Xogou en punta e dixo atoparse : “Ben, estou aberto a todo tipo de situacións, agradecido porque se me utilice a min e feliz e contento por seguir achegando, tendo boas sensacións e porque o equipo gañe”.
Sobre o valor destes partidos cre que “Si que valen, valen para moito porque é un ano novo, con xente nova, conceptos novos. Pódense sacar cousa moi positivas e as negativas analizalas e melloralas porque queda moi pouco, isto empeza xa. Sempre quero gañar e todo suma, pero estes partidos serven para coller sensacións e automatismos e coñecernos e ao equipo véxoo con fame, ilusión, dúbidas e desaxustes: o propio da pretemporada”.
Mentalmente sente: “Ben, limpo, coa cabeza limpa e esquecido o sucedido, xa con ilusión, con enerxía renovada ante unha temporada bonita e ilusionante”.
TODA A PRETEMPADA DO DEPOR
Mércores 24 de xullo : Depor 2-0 Fabril, (Crístian Santos e Mujaid)
Sábado 27 de xullo : 19:00 horas, (17:00 GMT) : “Cantarrana”, (Viveiro), Depor 1-1 Racing de Ferrol, (Borja Valle)
Mércores 31 de xullo : “Pasarón”, (Pontevedra) : Deportivo 2-1 Tenerife; Pontevedra 0-0 Depor
Sábado 3 de agosto : “A Magdalena”, (Vilalba), Depor 1-0 SD Ponferradina
Mércores 7 Agosto : “XX Trofeo Ramón Losada”, Campo “La Veigona”, (Luarca-Asturias), 19:00 horas : Depor-Unionistas, (Salamanca).
Sábado 10 de agosto : “Estadio de Riazor”, 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Real Betis.
Xa sabes que na canle de Youtube do clube, (rcdeportivo), podes ver os encontros en direto do equipo e logo en diferido, tamén nos nosos “Vídeos Recomendados”, así coma tódoloos que colga o RC Deportivo.
GOLEADORES DA PRETEMPADA
Borja Valle : 2
Crístian Santos : 1
Mujaid : 1
Aketxe : 1
Borja Galán : 1
GOLES RECIBIDOS
Koke Vegas : 2
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es