O DEPOR DE VACACIÓNS FAI UNHAS SEMANAS NON SE PRESENTA A FACER OS TEST PCR DA LIGA.

Cidade Deportiva de Abegondo.

 

Hoxe presentáronse os responsables dos test PCR da Liga en Abegondo para facerllos os xogadores do RC Deportivo ca intención de xogar o encontro fronte o Fuenlabrada que está suspendido e ca liga paralizada e cos xogadores deportivistas de vacacións fai un par de semana, incluso con algúns que xa se despediron do clube e a afección, polo que como avisou o clube non se presentaron.

Unha manobra máis da “familia Tebas” para tratar de poñer o equipo madrileño nos “Play-Off”, un equipo que a día de hoxe con todo o que se sabe debería estar descendido, sancionado económicamente e noutros ámbitos, tras incumplir toda crase de cousas no deportivo e no sanitario. Agora como está a facer a prensa madrileña, os malos son os nosos e o infractor é a “Cincenta”. Xa ten Tebas e a sua cuadrilla de impresentables un cordel máis do que tirar para seguir difamando o fútbol e a verdade.

Dende a Federación de Peñas Deportivistas piden que se cumpla a lei e que como primeira medida se destituia o presidente da Liga, Javier Tebas.

 

 

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Federación de Peñas Deportivistas/RC Deportivo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.