O Real Club Deportivo quere converter o partido de volta da primeira eliminatoria da Ruta dos Campións da Youth League nunha gran festa para toda a mocidade da cidade e para o fútbol formativo coruñés, coincidindo cunha noite histórica para a canteira do Club e todos os que formaron parte da mesma ao longo da súa historia. Por iso, a través da Fundación RC Deportivo, todos os colexios e institucións sociais da cidade están convidados a acudir a ABANCA-RIAZOR o mércores 20 de outubro a partir das 20:00 h.
Co obxectivo de impulsar os valores positivos do fútbol, a Fundación RC Deportivo quere que o partido da Uefa Youth League Dépor – Pogoń Szczecin sexa unha experiencia internacional única para a nosa xuventude e para todas as institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade. Todos os colexios e ONG’s que queiran estar en ABANCA-RIAZOR só teñen que dirixirse á Fundación RC Deportivo para solicitar as súas invitacións. O número máximo de entradas por colectivo será de 50 invitacións. Para manter a rastrexabilidade e cumprir o protocolo COVID, unha vez recibidas por cada entidade, o sistema de adxudicación de entradas pediralles os datos completos dos destinatarios, polo que se roga que o número de entradas solicitadas sexa o que finalmente se vaia a utilizar.
Atenderanse todas as solicitudes recibidas antes do luns 11 de outubro ás 19:00 horas na dirección de correo electrónico fundacion@
– Razón social da entidade
– Domicilio Social
– Obxecto social (colexio, fundación…) e fins nos que traballa
– Nome completo da persoa responsable da xestión das entradas
– Correo electrónico da persoa responsable que recibirá as entradas
– Teléfono de contacto
– Número de entradas que se solicitan
Unha vez recepcionadas todas as peticións o mércores 13 de outubro, a Fundación RC Deportivo confirmará a dispoñibilidade das invitacións.
-Texto e Foto : RC Deportivo
