O DEPOR CONFIRMA O ENROLE DO DIANTEIRO INTERNACIONAL SUB 21 ITALIANO, SAMUELE MULATTIERI.

RC Deportivo confirma o enrole de Samuele Mulattieri.

 O RC Deportivo fai oficial o enrole nas filas do Depor do dianteiro italiano Samuele Mulattieri, como novo reforzo para o ataque do primeiro equipo, para cubrir esa praza requerída polo adestrador dun dianteiro diferente aos que temos. Poderia ser a derradeira fichaxe a expensas de sabher se Bouldini e Crístian Herrera siguen nas filas do equipo.

O anuncio chega logo da súa chegada á cidade, desde onde afrontará o recoñecemento médico previo á súa firma.

Perfil do xogador

  • Nome completo: Samuele Mulattieri

  • Data de nacemento: 7 de outubro de 2000 (24 anos) 

  • Lugar de nacemento: La Spezia, Italia Altura / Peso: 1,83 m, 77 kg

Traxectoria e características

  • Formado nas canteiras do Spezia e do Inter de Milán (equipo primavera), onde foi o máximo goleador da liga xuvenil 

  • Posteriormente, pasou por diversas cesións con gran rendemento:

    • Volendam (Países Baixos): 18 goles na Eerste Divisie 

    • Crotone e Frosinone en Serie B: destacou en Frosinone con 12 goles e 4 asistencias, axudando ao ascenso á Serie A .

  • Fichado en 2023 polo Sassuolo, club co que descendiu de Serie A, conseguindo logo o ascenso con 9 goles e 4 asistencias na temporada 2024-2025 na Serie B. 

  • No total da súa carreira, acumula máis de 150 partidos e máis de 50 goles, con traxectoria destacada nas ligas italiana e neerlandesa.

  • Internacional en categorías inferiores de Italia (Sub-21): 5 partidos e 3 goles, coincidindo coa chegada ao Dépor de Giacomo Quagliata, xunto ao que compartiu selección.

A chegada ao Deportivo

  • O xogador chegou onte á tarde a Coruña, aterrizando no aeroporto de Alvedro arredor das 16:45, onde foi recibido pola entidade deportivista nun acto con expectación mediática.

  • Pasará o recoñecemento médico antes de formalizar a súa incorporación como cedido por unha tempada, con opción de compra obrigatoria en caso de ascenso á Primeira División.

  • Supón o oitavo fichaxe verán do club e segundo atacante tras Luismi Cruz.

As suas cualidades

  • É un dianteiro rápido, con boa definición e capacidade para finalizar ou xogar en combinación.

  • Ten experiencia probada en varias competicións e un historial goleador consistente, especialmente en Serie B e a liga neerlandesa.

  • A operación está condicionada ao ascenso, o que reduce os riscos económicos para o club e fortalece o compromiso co proxecto añar a Primeira División á vista.

-Foto : e texto : Xosé Búa “Pirata”