O RC Deportivo comeza a pretempada mañán xoves, tal e como nos informa o propio clube. Están citados mañán en Riazor : Valín, Uche, Borja Galán, Claudio Beauvue, Pablo Brea, Gandoy, Fede Cartabia, Borja Granero, Salva Ruiz, Villares, Adri Castro, Alberto, Juan Rodríguez, Ian Mackay, Rafa de Vicente, Adrián Lapeña, Diego Aguirre, Menudo, Pablo Trigueros, Calavera, William de Camargo e Alberto Quiles. Diego Rolan, Keko Gontán e Héctor Hernández non estarán presentes, con permiso do Club, así como Celso Borges, concentrado coa Selección de Costa Rica.
O cadro de técnicos e xogadores están convocados ás 09:00 h. en ABANCA-RIAZOR para probas médicas que terán lugar no Centro Médico Quirónsalud A Coruña, incluídos test de COVID-19.
O venres 9 a actividade trasládase ao interior das instalacións de Abegondo para unhas probas individuais no ximnasio que correrán a cargo principalmente dos fisioterapeutas do Club.
O primeiro adestramento do cadro ás ordes de Borja Jiménez será o luns 12 de xullo a partir das 10:30 na Cidade Deportiva.
-Foto e Texto : RC Deportivo